RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfos hoxe do Dépor ABANCA B, Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Infantil A

Hoxe domingo o encontro do Dépor ABANCA B en Mareo ante o Sporting B foi o destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

No vestiario deportivista, a gardameta Antía Veiga entrou na convocatoria a pesar de estar esta semana en Las Rozas nunha concentración coa selección española sub-16. 

O equipo de Óscar Orro, que recibiu o pasado venres un premio do Comité Galego de Adestradores en recoñecemento ao seu labor a temporada 2023-24, impúxose por 0-2 cos goles de Paula Monteagudo e de Paula Novo nos últimos 10 minutos.

Non estivo xa Elena Vázquez, que representará ao RC Deportivo no Mundial sub-17 que se celebra este mes de outubro na República Dominicana.

Completaron a xornada os triunfos do Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) ante o Victoria CF B (0-4) e o do Orzán SD Infantil A ante a SCD Milagrosa (4-1); e o empate do Orzán SD Xuvenil ante o Xallas FC (1-1).

Dous partidos con representación deportivista xogáronse onte sábado 5 de outubro.

O Orzán SD Cadete debutou na Liga Galega con goleada (8-0) na Torre ante a SD O Val. O encontro pertence á 2ª xornada posto que na 1ª tocoulle descansar ao conxunto orzanista.

Na Liga Galega infantil, o Orzán SD Infantil B caeu (4-1) co Racing de Ferrol no campo de Aneiros (Ferrol).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira Federación
5ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo)

Primera Autonómica
4ª xornada: VICTORIA CF B 0 - ORZÁN SD SUB-21 4 (Daniela Macedo, Mica Baratelli, Iria Otero e Jasmina Couto)

Segunda Autonómica
4ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Alexia Freire) - XALLAS FC 1

Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE 8 (Marta Moreno -3-, Carla Álvarez, Martina Santamaría -2-, Ángela Cotelo e Naiara Fontenla) - SD O VAL 0

Liga Galega infantil
2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 4 (Carolina Lago, Alba García -2- e María López-Perales) - SCD MILAGROSA 1
2ª xornada: RACING DE FERROL 4 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Claudia García)