RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, co Dépor ABANCA B de 'Michi' Apóstol en Lugo

Mañá domingo o partido destacado en #ANOSACANTEIRA é o do Deportivo ABANCA B, que se mide ao CD Lugo (15:00, A Cheda) despois do triunfo da pasada fin de semana en Abegondo ante o Umia CF.

A novidade na convocatoria de Óscar Orro é a presenza da internacional venezolana Michi Apóstol (na foto da noticia), en pleno proceso de adaptación ao fútbol europeo.

Irene Ferreras, adestradora do primeiro equipo, mostrouse convencida na sala de prensa que a xogadora dará moitas alegrías. 

Por contra son baixa no filial Carmen Carballada, Lucía Rivas e Noela, citadas polo primeiro equipo para viaxar a Lleida.

Completan a convocatoria: Nuria Gómez, Martina Rivas, María Calvo, Antía Brage, Uxía López, Lucía Mariño, Paula Novo, Sara Cercido, Laura Testa, Maca González, Paula Monteagudo, Elena López 'Cusi' e Laura Otero; ademais de Noelia Mayo, Laura Santos e Ivána Fernández, xuvenís do Orzán SD; e de Emma Gandoy, cadete do Orzán SD.

Na División de Honra xuvenil, o Dépor, 2º, vese as caras (12:45) en Santa Cruz de Bezana co líder Real Racing Club. Catro puntos separan na táboa a ambos os equipos.

En casa xogan o Orzán SD Xuvenil Femnino (12:00 na Torre ante o Victoria CF), Orzán SD B sub-16 Femenino (16:00 na Torre ante o UD Santiso FC) e Xuvenil B (12:00 en Abegondo ante o Pabellón Ourense CF).

Completan a xornada o partido do Orzán SD Infantil A Femenino en Pastoriza (12:00) e o do Alevín A na Torre (9.30) ante o CF Deportivo Orzán.

Hoxe sábado xogáronse dez partidos con representación deportivista.

Destacou o partido do Fabril, que visitou o campo do pechacancelas de Segunda Federación, a Arandina CF.

Do mesmo xeito que a pasada fin de semana, ao filial escapáronselle os 3 puntos despois de chegar á recta final en vantaxe. En Aranda os locais asinaron o 2-2 no minuto 95 despois dos tantos de Kevin e Vilán nos primeiros 7 minutos.

Os últimos días de mercado deixaron a subida definitiva de Iano Simão e Mella ao primeiro equipo e a chegada de Álvaro Baladía 'Bala' ao carril zurdo do filial.

Hai unhas semanas reforzaron ao equipo de Óscar Gilsanz Álex Alfaro e o dianteiro Jorge. A maiores, Quique Teijo e Álvaro Santamaría fóronse cedidos; e Iñaki saíu do Club.

Ademais do Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns na Torre, xogaron en casa o Orzán SD Cadete Femenino (11-0 ao SCD Milagrosa) e o San Tirso SD Cadete (3-0 ao Victoria CF).

Fóra de casa, co Fabril, o Orzán SD Infantil B Femenino visitou ao Sporting Burgo (3-3), o Cadete ao Coruxo FC (2-3), o Infantil ao EF Portero 2000 (0-3) e o San Tirso SD Infantil ao potente RC Celta (6-1).

Dous equipos abriron o pasado mércores 31 de xaneiro o calendario de partidos.

Así, o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, enfrontouse en Abegondo nun amigable á selección galega sub-16, que prepara a Fase de Plata do Campionato de España por autonomías de 9 ao 11 de febreiro en Cádiz.

O resultado, que é o de menos, favoreceu ao combinado galego (1-5) nun bo test para o equipo branquiazul que dirixe Miguel Figueira.

O outro equipo de #ANOSACANTEIRA con encontro foi o Fabril FC Benxamín, que venceu (0-4) ao Sporting Cambre no campo Dani Mallo de Cambre en partido correspondente á 12ª xornada no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8 disputada na súa totalidade a pasada fin de semana.

As diferentes seleccións galegas foron as protagonistas a principios de semana.

-Despois do amigable do pasado mércores 31 de xaneiro en Abegondo ante o Xuvenil B, Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz, Miguel de Labra e Pablo García do Cadete; e Mauro do San Tirso SD Cadete foron convocados pola selección galega sub-16 para a Fase de Plata do Campionato de España que se xogará en Cádiz do 9 ao 11 de febreiro.

-Após o adestramento do luns 29 de xaneiro en Rois, Lucas López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo, do Infantil branquiazul; e Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil foron citados pola selección galega sub-14 para disputar a Fase de Plata do Campionato de España en Cádiz do 9 ao 11 deste mes.

-Tamén se adestrou a selección galega sub-12, o luns en Rois, con Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Rui Caamaño, do Alevín A, convocados.

-O pasado mércores, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido adestráronse coa selección galega sub-17 no campo da Braña, en Rois.

-E finalmente as orzanistas Claudia Sande e Daniela Macedo estiveron convocadas pola selección galega sub-15 nun adestramento tamén o mércores no campo da Braña de Rois.

A maiores, a gardameta orzanista Antía Veiga concentrouse estes días coa selección española sub-16 en Las Rozas (Madrid). Xogou 30 minutos nun amigable ante o Madrid CFF B de Primera Federación Iberdrola.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 18ª xornada: CD LUGO - DEPORTIVO ABANCA B, mañá domingo 4 de febreiro ás 15:00 na Cheda

Primera Autonómica, 18ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - VICTORIA FC B, mañá domingo 4 de febreiro ás 12:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 18ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - UD SANTISO FC, mañá domingo 4 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega, subgrupo 1º, 18ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 11 (Candela Fernández -2-, Yanis Citoula -2-, Claudia Sande, Marta Moreno, Sofía Rodríguez -2-, Emma Gandoy -2- e unha futbolista rival en propia meta)- SCD MILAGROSA 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 18ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, mañá domingo 4 de febreiro ás 12:00 no Municipal de Pastoriza (Pastoriza, Arteixo)
Liga Galega, subgrupo 1º, 18ª xornada: SPORTING BURGO 3 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 3 (Ariana Barros -3-) 

Segunda Federación
21ª xornada: ARANDINA CF 2 - FABRIL 2 (Kevin e Vilán)

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, mañá domingo 4 de febreiro ás 12:45 no Municipal de Bezana (Santa Cruz de Bezana, Cantabria)

Amigable (mércores 31): XUVENIL B 1 (Daniel) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 5
Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, mañá domingo 4 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: CORUXO FC 2 - CADETE 3 (Íker Fernández, Xabi Campos e Trillo)
División de Honra, 19ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Gael -2- e Pablo Crespo) - VICTORIA CF 0

Categoría infantil
División de Honra, 17ª xornada: EF PORTERO 2000 0 - INFANTIL 3 (Sergio Cortizo, Antón Caamaño e Miguel)
División de Honra, 17ª xornada: RC CELTA 6 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Antón Vilariño)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 13ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - ALEVÍN A, mañá domingo 4 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 4)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 13ª xornada: ORILLAMAR SD 1 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Alejandro Astray -2-, Hugo Álvarez, Hugo Quintela e Miguel Candal)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 13ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Mateo Songo'o -5-, Samuel Rodríguez -4-, Adrián Liñares -3- e Alberto Novo -2-) - CD CALASANZ 2

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 12ª xornada (mércores 31): SPORTING CAMBRE 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Pablo Couso -2-, Leo Galván e Nico Castro)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Leo Galván -2-, César Leira, David Santiago, Martín Martelo, Nico Castro e Gael Fernández) - SANTA CRUZ CF 0