RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, co Fabril en Zamora e o Alevín en Cee

Mañá domingo en #ANOSACANTEIRA xóganse unicamente dous partidos de competición.

A Fabril visita ás 17:30 a un dos poderosos, o Zamora CF, firme candidato ao ascenso en compañía do Ourense CF e Pontevedra CF.

Os fabrilistas, que caeron (1-3) o pasado domingo co Ourense CF en Abegondo, chegan ao Estadio Ruta de la Plata en 13ª posición da táboa en Segunda Federación con 27 puntos.

É baixa Kevin Sánchez, expulsado ante os ourensáns por dobre amarela. Outro dos dianteiros, Martín Ochoa, tampouco poderá xogar por unha lesión muscular nos isquiotibiais.

O outro partido é o do Alevín en Cee (12:00), correspondente á 2ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.

Hoxe sábado a atención estivo centrada no partido do Xuvenil A, en loita polo título da División de Honra, no campo principal de Abegondo ante o CD Covadonga.

O choque ante os asturianos, retransmitido en directo pola canle de Youtube do RC Deportivo, foi para os branquiazuis (2-0) con tantos de Zoe e Noé.

Manuel Pablo non puido contar con Álex Delgado, que está xa concentrado coa selección venezolana sub-20 para uns adestramentos na cidade de San José en Costa Rica.

Ademais do Alevín A e dos benxamíns, hoxe sábado gañou en Abegondo o Cadete, á fronte da División de Honra, ao UD Ourense (7-1); mentres que o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, impúxose na Grela 1 ao Ural Español CF (0-4), con dobrete de José Rey e Rubén.

Así mesmo, o RC Deportivo está representado polo Fabril FC Alevín nun torneo que se disputa esta fin de semana en Macedonia do Norte.

O trofeo conmemora o 20 Aniversario do FC Kumanovo, club da cidade que leva o seu nome, segunda do país balcánico após a capital, Skopie.

Os seus rivais na Primeira Fase foron o FC Kumanovo Eurosport (Macedonia do Norte), NK Brinje Grosuplje (Eslovenia) e KHS Malta (Malta).

Despois de gañar o tres partidos, os fabrilistas xogan mañá domingo una das semifinais.

O calendario de partidos abrírono dous partidos onte venres no Monte.

O San Tirso SD Cadete logrou (1-0) ante o Atlético Coruña Montañeros CF a súa sétima vitoria consecutiva na División de Honra.

E o Infantil, líder da División de Honra infantil, impúxose (1-6) a un San Tirso SD Infantil con xogadores un ano menores en idade aínda que asentado na zona tranquila da táboa.

Finalmente hai descanso para os equipos femininos de #ANOSACANTEIRA debido á celebración en Murcia da Fase de Oro e de Plata do Campionato de España por autonomías para a selección galega sub-17 e sub-15 respectivamente.

As deportivistas Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Noelia Mayo, Laura Santos e Emma Gandoy están coa selección galega sub-17; mentres que Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo participan coa selección galega sub-15 (todas elas na foto inferior).

Así pois, non hai liga para o Dépor ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Femenino, Orzán SD B sub-16 Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Infantil A Femenino e Orzán SD Infantil B Femenino.

Unha categoría feminina que está de novo de parabén pola convocatoria de Elena Vázquez e de Lucía Rivas para uns adestramentos coa selección española sub-17 do luns 4 ao mércores 6 de marzo en Las Rozas (Madrid).

Ademais, a gardameta orzanista Antía Veiga formará parte da selección española sub-16 no Torneo Desarrollo UEFA de Irlanda do Norte do 10 ao 15 de marzo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
25ª xornada: ZAMORA CF - FABRIL, mañá domingo 3 de marzo ás 17:30 no Estadio Ruta de la Plata

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: XUVENIL A 2 (Zoe e Noé) - CD COVADONGA 0

Liga Nacional, 24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - XUVENIL B 4 (José Rey -2- e Rubén -2-)

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE 7 (Miguel de Labra -3-, Diego -2- e Janusz -2-) - UD OURENSE 1
División de Honra, 22ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Héctor) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Categoría infantil
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral) - INFANTIL 6 (Picallo, Raúl, Gabri, Nikolay e Sergio Cortizo -2-)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, 2ª xornada: UC CEE - ALEVÍN, mañá domingo 3 de marzo ás 12:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada: ALEVÍN A 1 (Hugo Macedo) - CD CALASANZ 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada: IMPERÁTOR OAR - FABRIL FC ALEVÍN, o mércores 6 de marzo ás 20:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Trofeo 20 Aniversario do FC Kumanovo, en Kumanovo
Primeira Fase
Venres 1 de marzo
NK BRINJE GROSUPLJE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal)
FC KUMANOVO EUROSPORT 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López -2- e Hugo Álvarez)

Sábado 2 de marzo
FABRIL FC ALEVÍN 12 (Hugo Álvarez -4-, Hugo Quintela -3-, Nacho Villanueva -2-, Alejandro Astray -2- e Xiao Fontao) - KHS MALTA 0

Domingo 3 de marzo
Semifinal
9:00: FABRIL FC ALEVÍN - FK SARAJEVO

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - BENXAMÍN A 3 (Alberto Novo, Antón Fernández e Yago Prieto)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 17ª xornada: UD CARRAL 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Martín Martelo, Leo Galván -2-, Nico Castro, César Leira e Gael Fernández)