RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario para mañá domingo, co Dépor ABANCA B en Gijón

Mañá domingo o encontro do Dépor ABANCA B en Mareo ante o Sporting B ás 16:15 será o destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

O filial marcha na 2º posición da táboa en Tercera Federación, a 2 puntos do líder, o Olímpico de León.

No vestiario deportivista, a gardameta Antía Veiga entrou na convocatoria a pesar de estar esta semana en Las Rozas nunha concentración coa selección española sub-16. 

Óscar Orro, que recibiu onte venres un premio do Comité Galego de Adestradores en recoñecemento ao seu labor a temporada 2023-24, citou ás seguintes xogadoras: Martina Rivas, Vázquez, Lucía Mariño, Paula Novo, Noelia Mayo, Paula Monteagudo, Redru, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Otero, Michi Apóstol, Laura Santos, Anfal El Yamani e Yanis Citoula; ademais de Emma Gandoy e Dunia Dahmouni, do Orzán SD Sub-21; e a citada Antía Veiga, do Orzán SD Cadete.

Non estará xa Elena Vázquez, que desde mañá domingo representará ao RC Deportivo no Mundial sub-17 que se celebra este mes de outubro na República Dominicana.

Completan a xornada deste domingo as citas do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF B (10:00 en San Pedro de Visma), a do Orzán SD Xuvenil ante o Xallas FC (16:00 na Torre) e a do Orzán SD Infantil A ante a SCD Milagrosa (12:15 na Torre).

Dous partidos con representación deportivista xogáronse hoxe sábado 5 de outubro.

O Orzán SD Cadete (na foto principal da noticia) debutou na Liga Galega con goleada (8-0) na Torre ante a SD O Val. O encontro pertence á 2ª xornada posto que na 1ª tocoulle descansar ao conxunto orzanista.

Na Liga Galega infantil, o Orzán SD Infantil B (na foto inferior) caeu (4-1) co Racing de Ferrol no campo de Aneiros (Ferrol).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
5ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B - DEPORTIVO ABANCA B, mañá domingo 6 de outubro ás 16:15 en Mareo (campo 3)

Primeira Autonómica
4ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 6 de outubro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)

Segunda Autonómica
4ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - XALLAS FC, mañá domingo 6 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE 8 (Marta Moreno -3-, Carla Álvarez, Martina Santamaría -2-, Ángela Cotelo e Naiara Fontenla) - SD O VAL 0

Liga Galega infantil
2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SCD MILAGROSA, mañá domingo 6 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)
2ª xornada: RACING DE FERROL 4 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Claudia García)