RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B o domingo en Gijón ante o filial sportiguista

O partido do Dépor ABANCA B (na foto da noticia) en Mareo ante o Sporting B, o domingo 6 ás 16:15, será o partido destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

O filial marcha na 2º posición da táboa en Tercera Federación, a 2 puntos do líder, o Olímpico de León.

No vestiario deportivista, a gardameta Antía Veiga conclúe hoxe mércores en Las Rozas unha concentración coa selección española sub-16.

Antes, o sábado 5 xóganse dous partidos: o Orzán SD Cadete, ao que lle tocou descansar a pasada semana, estréase na liga Galega ante a SD O Val (12:15 na Torre); e o Orzán SD Infantil B ante o Racing de Ferrol (16:00 en Aneiros).

Ademais do Dépor ABANCA B completan a xornada do domingo as citas do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF B (10:00 en San Pedro de Visma), a do Orzán SD Xuvenil ante o Xallas FC (16:00 na Torre) e a do Orzán SD Infantil A ante a SCD Milagrosa (12:15 na Torre).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira Federación
5ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 6 de outubro ás 16:15 en Mareo (campo 3)
Clasificación: 1. Olímpico de León, 12 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 10 puntos; 3. RC Celta, Sárdoma CF, CD Bovedana, PM Friol e Victoria CF, 9 puntos... 10. Sporting de Gijón B, 4 puntos...

Primera Autonómica
4ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 6 de outubro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación: 1. EFM Concello de Boiro, Victoria CF B e RC Celta B, 9 puntos; 4. SD O Val e Orzán SD Sub-21, 7 puntos...

Segunda Autonómica
4ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - XALLAS FC, o domingo 6 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. UC Cee, SCD Pastoriza, Sporting Burgo e Xallas FC, 9 puntos; 5. Orzán SD Xuvenil e UD Carral, 7 puntos...

Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SD O VAL, o sábado 5 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)

Liga Galega infantil
2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SCD MILAGROSA, o domingo 6 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)
2ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 5 de outubro ás 16:00 no campo de Aneiros (Ferrol)