RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Cadete e o Orzán SD Infantil B, protagonistas mañá sábado en ANOSACANTEIRA feminina

Dous partidos con representación deportivista xóganse mañá sábado 5 de outubro en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Cadete debuta na Liga Galega na Torre ante a SD O Val ás 12:15. O encontro pertence á 2ª xornada posto que na 1ª tocoulle descansar ao conxunto orzanista.

Na Liga Galega infantil, o Orzán SD Infantil B visitará ao Racing de Ferrol, ás 16:00 no campo de Aneiros (Ferrol).

Para o domingo quedan os partidos do resto de equipos.

O encontro do Dépor ABANCA B en Mareo ante o Sporting B ás 16:15 será o destacado.

O filial marcha na 2º posición da táboa en Tercera Federación, a 2 puntos do líder, o Olímpico de León.

No vestiario deportivista, a gardameta Antía Veiga estivo esta semana en Las Rozas nunha concentración coa selección española sub-16.

Completan a xornada do domingo as citas do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF B (10:00 en San Pedro de Visma), a do Orzán SD Xuvenil ante o Xallas FC (16:00 na Torre) e a do Orzán SD Infantil A ante a SCD Milagrosa (12:15 na Torre).

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
5ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 6 de outubro ás 16:15 en Mareo (campo 3)
Clasificación: 1. Olímpico de León, 12 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 10 puntos; 3. RC Celta, Sárdoma CF, CD Bovedana, PM Friol e Victoria CF, 9 puntos... 10. Sporting de Gijón B, 4 puntos...

Primera Autonómica
4ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 6 de outubro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación: 1. EFM Concello de Boiro, Victoria CF B e RC Celta B, 9 puntos; 4. SD O Val e Orzán SD Sub-21, 7 puntos...

Segunda Autonómica
4ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - XALLAS FC, o domingo 6 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. UC Cee, SCD Pastoriza, Sporting Burgo e Xallas FC, 9 puntos; 5. Orzán SD Xuvenil e UD Carral, 7 puntos...

Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SD O VAL, mañá sábado 5 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)

Liga Galega infantil
2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SCD MILAGROSA, o domingo 6 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)
2ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD INFANTIL B, mañá sábado 5 de outubro ás 16:00 no campo de Aneiros (Ferrol)