RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén Díez apura a súa recuperación e uniuse hoxe ao grupo nunha parte da sesión

Rubén Díez apura a recuperación da lesión muscular que lle fixo caerse da convocatoria do encontro da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o CF Rayo Majadahonda.

O atacante branquiazul, do mesmo xeito que Max Svensson, realizou esta mañá en Abegondo unha parte do traballo co resto dos seus compañeiros, nunha sesión sobre todo de fútbol.

Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño esperarán aos próximos días para ver se Rubén Díez está en condicións de competir xa nesta xornada.

No caso de Svensson, ao estar sancionado esta fin de semana por acumulación de amoestacións, os médicos branquiazuis non queren correr ningún risco no seu estado físico, posto que a semana pasada entrou o último día na lista de Óscar Cano para enfrontarse ao cadro madrileño após superar unha lesión nos isquiotibiais.

O corpo técnico branquiazul, após un quecemento con rondos, dispuxo un primeiro exercicio táctico en forma de partido no campo 2 xa cos cinco sentidos postos na visita o domingo 29 de xaneiro ás 16:00 horas (InSports.tv) no Estadio Iberoamericano 2010 ao San Fernando CD Isleño, correspondente á 21ª xornada en Primera Federación.

O técnico deportivista formou dous equipos e foi intercambiando posicións e futbolistas, ademais de impartir continuas instrucións.

Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final á xornada no céspede.

"Onte tiven o primeiro adestramento e vexo que aquí hai todo con balón. Hai moito fútbol e bastante boa calidade de todo o equipo", comentou Orest Lebedenko na súa presentación esta mesma mañá.

Unicamente Isi Gómez e Raúl Carnero estiveron hoxe con adestramento personalizado; mentres que Dani Barcia, Brais Val e Iano Simão foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.