RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sábado de debut para Fabril e Xuvenil A; ademais de amigables para Xuvenil B, Cadete, Infantil e San Tirso SD Infantil

Dous equipos de ANOSACANTEIRA arrincan a competición mañá sábado 31 de agosto.

O Fabril inicia a liga no grupo 1º de Segunda Federación ás 18:00 en Abegondo ante o Real Ávila CF (YouTube RC Deportivo).

O filial chega ao choque con varios movementos nas últimas horas, como son as fichaxes do atacante Fabián e do mediocentro defensivo Quique Fernández; ademais das cesións ao Betanzos CF de Álex Delgado e David Domínguez.

Son baixa por lesión Álex Pereira e Kevin Sánchez. Pola súa banda, os xuvenís Dani Estévez, Guerrero e Noé completan a citación de Óscar Gilsanz.

O Club activou o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

Está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén se estrea o Xuvenil A en a División de Honra, neste caso no campo da Grela (16:00) ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

Pola súa banda seguen con amigables o resto de equipos de ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado o Xuvenil B xoga en Cambre (20:30); o Cadete e o Infantil en Cedeira ante o Racing de Ferrol (19:30 e 17:00 respectivamente); e o San Tirso SD Infantil o Memorial David Eiroa en Pastoriza (Arteixo).

Un só encontro disputouse onte xoves 29 de agosto.

O San Tirso SD Cadete de División de Honra caeu (2-0) na súa visita á SD Compostela no campo das Cancelas.

Os empates o martes do Cadete ante o Atlético Arteixo xuvenil en Abegondo (2-2) e do Infantil ante o CD Conxo Santiago cadete no campo santiagués da Merced (0-0); e a vitoria do San Tirso SD Infantil ante o Atlético Coruña Montañeros CF no Monte (1-0) abriron a semana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL - REAL ÁVILA CF, mañá sábado 31 de agosto ás 18:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL A, mañá sábado 31 de agosto ás 16:00 na Grela

Amigable: SPORTING CAMBRE - XUVENIL B, o sábado 31 de agosto ás 20:30 no campo Dani Mallo (Cambre)

Categoría cadete
Martes 27, amigable: CADETE 2 (Nico e Pablo Crespo) - ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 2
Amigable: RACING DE FERROL - CADETE, o sábado 31 de agosto ás 19:30 no campo de O Beco (Cedeira)

Onte xoves 29, amigable: SD COMPOSTELA 2 - SAN TIRSO SD CADETE 0

II Sanxenxo Cup en Baltar (Portonovo)
Domingo 1 de setembro
Primeira Fase
10:00: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF
11:00: AJ LÉREZ - SAN TIRSO SD CADETE
14:00: CD CHOCO - SAN TIRSO SD CADETE

En función da clasifición, os equipos emparellaranse en cuartos de final, que arrincan ás 17:00 horas

Categoría infantil
Martes 27, amigable: CD CONXO SANTIAGO (cadete) 0 - INFANTIL 0
Amigable: RACING DE FERROL - INFANTIL, o sábado 31 de agosto ás 17:00 no campo de O Beco (Cedeira)

Martes 27, Amigable: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Diego) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

II Memorial David Eiroa, no Municipal de Pastoriza (Arteixo)
Sábado 31 de agosto
9:35: SAN TIRSO SD INFANTIL - RACING DE FERROL
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO
15:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CALASANZ
17:15: SAN TIRSO SD INFANTIL - RC CELTA
19:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC