RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
BENXAMÍN A

Segunda vitoria do Benxamín A na Fase polo Título da Primera A Coruña á conta do Fabril FC Benxamín

O Benxamín A sumou a súa segunda vitoria (4-1) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 á conta do Fabril FC Benxamín.

Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o conxunto de Jacobo Saco suma 6 puntos de 6 posibles.

Benxamín A: Antar Teijeiro, Antón Fernández, Yago Prieto, Breogán Díaz, Alberto Novo, Diego Castelo, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo. Tamén xogaron: Álex Casado, Adrián Liñares e Samuel Rodríguez.

Pasada a Semana Santa, o próximo rival do Benxamín A será o Victoria CF.

Os resultados do Benxamín A até a data nesta segunda parte da temporada son os seguintes:

UD Carral 0 - Benxamín A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo)
Benxamín A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - Fabril FC Benxamín 1