Amin Mustapha está concentrado coa selección de Marrocos sub-20 desde o pasado domingo 19 até o 26 de maio no Complexo Mohammed VI en Rabat.
Durante estes días, o combinado marroquí disputa dous amigables ante a República Democrática do Congo no citado complexo deportivo.
O segundo deles será mañá sábado 25 de maio ás 19:00 (hora galega).
No primeiro, o pasado mércores, venceu Marrocos por 2-0 con Amin no once inicial. O defensor do Xuvenil A xogou completo o partido.
O calendario de partidos, co resultado dos xa xogados, é o seguinte:
Mércores 22 de maio MARROCOS 2 - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO 0
Sábado 25 de maio 19:00 (hora galega): MARROCOS - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO
O xuvenil branquiazul xa foi citado o pasado mes de xaneiro con este combinado nacional, neste caso para dous partidos ante Mauritania, tamén de preparación.
Amin Mustapha é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.