RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

Segundo triunfo do Fabril FC Benxamín en liga, esta vez ante o San Tirso SD

O Fabril FC Benxamín sumou na súa visita ao San Tirso SD (0-2) a súa segunda vitoria no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8.

Joel Losada e Martín Coronel foron os goleadores fabrilistas nun partido moi competido.

Con este marcador, o equipo de Alberto Bonigno e Sergio Maurente suma 6 puntos de 6 posibles.

Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, David Santiago, Pablo Couso, Leo Barro, Leo Galván, Nico Castro, Joel Losada e César Leira. Tamén: Martín Coronel e Martín Martelo.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín recibe ao Sporting Cambre.

Os resultados do Fabril FC Benxamín en liga son os seguintes:

Fabril FC Benxamín 7 (Joel Losada -3-, Martín Coronel, Nico Castro, Martín Martelo e Leo Galván) - Sada CF 0
San Tirso SD 0 - Fabril FC Benxamín 2 (Joel Losada e Martín Coronel)