RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sesión esta mañá en Abegondo xa sen os 4 internacionais e con 5 fabrilistas ás ordes de Anquela

O Deportivo realizou esta mañá unha sesión de adestramento en Abegondo, a primeira da semana, xa sen os 4 internacionais (Gaku, Mollejo, Montero e Lampropoulos) e con 5 fabrilistas (Valín, Mujaid, Gandoy, Álex Cobo e Javi Sánchez).

Con Koné, Somma e David Simón con traballo específico no ximnasio, Anquela dividiu ao seu cadro en dous grupos.

Os titulares onte ante o UD Almería e futbolistas con máis minutos nestes últimos partidos, caso de Christian Santos, tiveron recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para os demais houbo ademais roldo, un exercicio de posesión e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O mércores 9 de outubro, o equipo retoma os adestramentos para comezar a preparar a visita á UD Las Palmas, prevista para o domingo 13 de outubro ás 21:00 horas (#Vamos).