O Dépor realizou esta mañá en Abegondo a sesión forte dunha semana atípica con partido este luns 11 de novembro ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar (20:30, LaLiga TV Hypermotion).
Despois dunha activación con rondos no campo 2, Óscar Gilsanz ensaiou no campo 3, en espazos amplos, o plan de xogo para o luns.
Iván Barbero manifestou na sala de prensa que "aos atacantes ponnos a facer moitas tarefas de finalización. Axúdanos bastante porque é un concepto importante logo á hora do partido tela máis practicada. Tácticamente as posicións gústannos bastante. Son conceptos que o xogador capta bastante rápido".
O dianteiro deportivista ve ao equipo despois da vitoria en Cartagena "con moita confianza para afrontar o seguinte partido". En Cartagonova, pensa, "viuse reflectido o potencial de equipo que temos".
Jaime, Jose Ángel, Ximo Navarro e Mfulu están con adestramento personalizado.
Pola súa banda, Alfaro, Samuel e Guerrero foron os representantes de #ANOSACANTEIRA ás ordes de Óscar Gilsanz.
Mañá sábado, Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva a partir das 11:00 horas.