RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Táboas entre un Dépor ABANCA B con 6 ausencias e o RC Celta

O Déportivo ABANCA B igualou (1-1) co RC Celta no campo principal de Abegondo nun partido correspondente á 8ª xornada en Tercera Federación.

O filial encarou o choque con até 6 baixas entre lesións e convocatorias de seleccións. 

Así, non estiveron as internacionais Elena Vázquez, Michi Apóstol e Dunia Dahmouni; e foron baixa por lesión Uxía López, Marta Rico e Lucía Rivas.

Anfal El Yamani foi a autora do primeiro gol de partido aos 36 minutos pero igualou o RC Celta no minuto 90.

Con este resultado, o Dépor ABANCA B suma 20 puntos na 2ª praza por 21 do líder, o Olímpico de León.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Vázquez, Redru, Paula Novo, Carmen Carballada, Noe Mayo, Yanís Citoula, Paula Monteagudo, Laura Ruiz, Anfal El Yamani e Laura Otero. Tamén xogaron: Sara Cercido, Laura Santos, Emma Gandoy e Lucia Mariño

A próxima fin de semana o conxunto que dirixe Óscar Orro mídese na Coruña ao Victoria CF.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)
Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón B 0 - Dépor ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo)
Deportivo ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta) - CD Romanón 0
Olímpico de León 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Santos e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC Celta 1