Patrícia Hmírová disputa estes días dous partidos ante Gales correspondentes á Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa.
A volta que decidirá o pase á eliminatoria definitiva será mañá martes 29 ás 19:15 (hora galega) no Cardiff City Stadium.
A ida foi o pasado venres 25 de outubro no Centro de Adestramento da cidade eslovaca de Poprad.
A futbolista do Dépor ABANCA foi titular nun partido que venceron as eslovacas por 2-1.
O calendario de partidos de Hmírová, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Venres 25 de outubroESLOVAQUIA 2 - GALES 1
Martes 29 de outubro19:15: GALES - ESLOVAQUIA, no Cardiff City Stadium
Finalizado o encontro, a atacante branquiazul regresará á Coruña para incorporarse de novo á disciplina do Dépor ABANCA.