RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Partido de volta de Inês Pereira mañá martes en Vizela ante Azerbaiján coa renda do 1-4 da ida

Inês Pereira está concentrada coa selección de Portugal para dous partidos ante Azerbaiján correspondentes á Rolda 1 de Clasificación para o Campionato de Europa 2025.

Desta forma a gardameta do Dépor ABANCA ve recompensada a súa extraordinaria traxectoria coas Nosas na Liga F.

O partido de volta entre ambas as seleccións será mañá martes 25 de outubro ás 20:45 (hora galega) na localidade portuguesa.

A ida foi o pasado venres no Dalga Area de Bakú.

Inês Pereira xogou completo un partido que Portugal resolveu con goleada (1-4).

O calendario de partidos de Inês Pereira co combinado nacional luso, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 25 de outubro
AZERBAIJÁN 1 - PORTUGAL 4

Martes 29 de outubro
20:45 (hora galega): PORTUGAL - AZERBAIJÁN, no estadio do FC Vizela en Caldas de Vizela

Finalizado este segundo encontro, Inês Pereira regresará á Coruña.