"Tedes que xogar ben para ascender a Primeira", mensaxe de Nadal a Saúl, Carles, Borja, Marí e Ortolá en Marineda City
Saúl, Carles, Borja, Pablo Marí e Ortolá exerceron de axudantes de Papá Noel e os Reis Meigos Deportivistas na DéporTienda de Marineda City e recolleron as moitas cartas que os afeccionados branquiazuis quixeron deixar.
Unha carta que pode levar premio, posto que se se entrega a dispoñible na DéporTienda ou que está incluída no catálogo de Nadal, os deportivistas entran no sorteo dos seus 3 produtos favoritos do Dépor.
Así pois, sobre todo os máis pequenos foron os que se achegaron á urna que portaba Borja Valle.
Este foi o caso de Valentín, que vencendo á timidez propia da súa curta idade, pediulles aos xogadores, após botar a súa carta, que "xogasen ben para poder ascender a Primeira División". Os futbolistas, cun sorriso, non dubidaron en tranquilizalo e dar por sentado que farán todo da súa man para volver á máxima categoría.
Tanto Valentín como os máis pequenos pousaron no colo de Borja Valle; sempre presto a unha caricia, un sorriso ou unha palabra amable.
Os futbolistas branquiazuis asinaron en todo tipo de produtos: camisetas branquiazuis de moitas temporadas, balóns... até na de Cristiano Ronaldo da Juventus ou noutras dúas do Real Madrid.
Mesmo até unha copa de balón do set de 6 á venda na Deportienda foi obxecto de firma. "É un agasallo para o meu pai", explicaba a afeccionada que se achegou até os xogadores.
Unha vez atendidos a todos os afeccionados, os futbolistas branquiazuis pasáronse pola DéporTienda para facer as súas últimas compras deportivistas antes de viaxar a Cádiz e collerse uns merecidos días de descanso polo Nadal.