RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tino Fernández: "Teño confianza no equipo e en que os resultados melloren"

Á saída do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, onde declarou pola demanda dun accionista, o presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández analizou a actualidade deportiva do equipo porque "eu dos temas da xustiza non fago ningunha valoración, nós viñemos, contestamos o que había que contestar e nada máis, non hai ningunha valoración", aclarou.

Co mercado aberto, xa avanzou que "aínda queda moito mercado pero supoño que haberá algún movemento porque se hai saídas vai haber entradas e eu creo que vai haber saídas".

Cuestionado sobre como está a saída de Carles Gil do Club afirmou que "Eu non diría nin preto nin lonxe. Sei que están a falar e se hai propostas boas para todas as partes pódense tratar. Encima da mesa non hai nada próximo para tomar unha decisión. Até fai pouquiño estabamos todos de acordo en que temos un cadro potente e completo. Quizá estes últimos resultados poden xerar algunha incerteza, pero temos que recuperar a versión e rexistros que tiñamos con anterioridade, polo que creo que as entradas van ser en función das saídas, pero bo. Iso ao final é corpo técnico e dirección deportiva os que teñen máis peso nesa decisión e en fixar ese criterio".

Sobre a posible venda de Albentosa, valorouno como "unha opción e se non se irá cunha cesión a outro equipo. El ten varias propostas e acabará decidindo como a outra vez".

Sobre a situación xeral do equipo quixo trasladar unha mensaxe de calma: "non son os resultados que os deportivistas queremos pero en momentos de tempestade hai que manter a calma e imos a trata de mellorar e de obter mellores resultados. Hai diferentes condicionantes, agora levamos tres partidos metendo cero goles o que non é normal, non estamos nese momento de acerto no que acabamos sacando adiante mesmo partidos con menos ocasións, teño confianza no cadro e en que os resultados melloren".

No referente á situación do Fabril e os movementos no cadro do filial cre que é "a dirección deportiva é a que ten que expolo. Si vin onte a noticia de Blas, desde o meu punto de vista é incorrecta porque non hai necesidade dunha saída para dar un alta porque se vai a dar exactamente igual. O que queremos é reactivar o Fabril, non imos tirar a toalla nin moitísimo menos. Quedan moitísima competición, moitos partidos, moitos puntos, agora temos o derbi co Celta B e temos que empezar a sumar pronto. Estamos nese momento no que a can fraco todo son pulgas e partidos nos que os resultados poden ser outros, xogadas desgraciadas, erros estraños que fixeron que perdamos puntos pero a idea que temos é salvar a categoría polo que haberá máis incorporacións" e ademais dalgunha baixa. Preguntado concretamente pola posible saída de Blas, finalizou comentando que "a porta aberta está para todo o mundo se pola súa situación cren que están a contar menos ou merecen unha oportunidade, todo pódese falar. Blas é un xogador moi querido polo Club, leva toda a vida connosco, o ano pasado tivo un ano moi bo e este ano, non é só Blas, no Fabril non nos están saíndo as cousas como queremos e o que queremos é reengancharlos a todos".