RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTIL A

Traballado triunfo do Infantil en Abegondo ante a UD Santa Mariña

Despois da espectacular vitoria (0-3) en en Vigo en #ONOSODERBI a pasada semana ante o RC Celta, o Infantil protagonizou unha traballada vitoria (3-1) en Abegondo ante o UD Santa Mariña en partido correspondente á 15ª xornada na División de Honra.

Roi, Raúl e Miguel puxeron en vantaxe clara ao branquiazuis pero os vigueses recortaron diferenzas e obrigaron ao equipo de Borja Souto a estar concentrados até o asubío final.

Con este resultado, o Infantil suma 45 puntos na cabeza da clasificación por 40 puntos do RC Celta, 2º.

Infantil: Daniel Suárez, Eder, Pablo Vara, Nico, Roi, Daniel, Gabri, José Quiroga, Sergio Cortizo, Raúl e Antón. Tamén xogaron: Lucas López, Javi Seoane, Picallo, Miguel e Esteban.

A próxima fin de semana, o Infantil recibe en Abegondo ao CD Lugo no inicio da segunda volta; aínda que antes, Lucas López, Eder, Daniel López, Nico, Raúl, Roi e Sergio Cortizo participarán coa selección galega sub-14 nun amigable o vindeiro mércores 24 de xaneiro ás 20:00 horas no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo)
Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1
Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1
Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo)
Infantil 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - San Tirso SD Infantil 0
ED Val Miñor Nigrán 1 - Infantil 4 (Sergio Cortizo -3- e Raúl)
Infantil 5 (Nikolay -2-, Sergio Cortizo, Raúl e Picallo) - Pabellón Ourense CF 0
AJ Lérez 1 - Infantil 3 (Miguel, Gabri e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 3 (Raúl -2- e Sergio Cortizo) - Arosa SC 1
Bertamiráns FC 0 - Infantil 3 (Sergio Cortizo e Raúl -2-)
Infantil 5 (Eder, Miguel, Raúl -2- e Daniel López) - Escola de Fútbol DSF 1
Ural Español CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -3-, Nico, Raúl e Picallo)
Infantil 2 (Eder e Raúl) - CD Conxo Santiago 0
RC Celta 0 - Infantil 3 (Sergio Cortizo -2- e Eder)
Infantil 3 (Roi, Raúl e Miguel) - UD Santa Mariña 1