RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Trece partidos mañá sábado en ANOSACANTEIRA, co Dépor ABANCA B en León

O calendario de partidos para esta semana en #ANOSACANTEIRA abriuno o pasado martes na Cidade Deportiva o partido entre o Victoria e o Fabril FC Alevín correspondente á 3ª xornada no subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8 que foi aprazado a principios de mes debido ao temporal. 

Antes da nova xornada de mañá sábado nesta categoría, o triunfo fabrilista (0-3) outorga o liderado ao equipo de Jorge Queijeiro con 3 puntos de vantaxe sobre o Alevín A, que ten, iso si, un partido menos.

Así mesmo, hoxe venres 24 en Abegondo xogouse outro encontro, esta vez correspondente ao subgrupo 1º da Liga Galega infantil feminina. O Orzán SD Infantil A Femenino venceu (4-1) ao Orzán SD Infantil B Femenino en partido que foi aprazado a finais do mes de outubro.

O groso da xornada xogarase no transcurso da fin de semana, con 13 partidos mañá sábado 25 de novembro.

De todos eles destaca a visita do Deportivo ABANCA B ao Olímpico de León, a partir das 15:45 no Estadio Olímpico de León.

As xogadoras de Óscar Orro, a 1 punto do liderado, volven á competición en Tercera Federación FutFem após o parón da pasada fin de semana.

As futbolistas citadas son: Martina Rivas, María Calvo, Celia Sousa, Uxía López, Lucía Mariño, Andrea Ansede, Elena Vázquez, Carmen Carballada, Sara Cercido, Laura Testa, Macarena González, Paula Monteagudo (na foto da noticia), Noela, Elena López 'Cusi', Lucía Rivas e Laura Otero; ademais de Uxía Rabuñal e Noelia Mayo, xuvenís do Orzán SD.

Varias xogadoras estiveron convocadas coa selección galega sub-17 para un partido amigable o pasado martes 21 no campo de Chaín (Gondomar) ante o Lóstrego CF: Elena Vázquez, Lucía Rivas, Maca González, Sara Cercido e Noelia Mayo.

Ademais dos dous benxamíns, só disputarase o sábado un partido en Abegondo. O Cadete, líder, recibirá ao CD Areosa na División de Honra a partir das 11:30.

Como local, neste caso en San Pedro de Visma, o Orzán SD Cadete Femenino, ao mando do subgrupo 1º da Liga Galega, recibe ao PM Friol ás 16:00 horas.

O pasado mércores 22, tres orzanistas adestráronse coa selección galega sub-15 no campo da Braña (Rois): Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

Fóra de casa compiten o resto dos equipos: o Xuvenil B en Ferrol ante o Racing (16:00), o San Tirso SD Cadete en Pontevedra co Salgueiriños FC (18:00), o Infantil en Bertamiráns (17:20), o San Tirso SD Infantil en Ourense co Pabellón CF (12:30), o Orzán SD Infantil A Femenino en Arzúa (16:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino en Antas de Ulla (12:15).

O domingo 25 destaca o partido do Fabril en Abegondo ante o CD Cayón, a partir das 12:00 (Youtube RC Deportivo).

O filial recupera a Kevin Sánchez, que logrou en Georgia coa selección española sub-19 o pase á Rolda Elite de clasificación para o Campionato de Europa.

O canteirán foi titular en 2 dos 3 partidos co combinado nacional e anotou 1 gol.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén xoga en casa, concretamente na Torre, o Orzán SD B sub-16 Femenino, que en Segunda Autonómica mídese ao UD Carral a partir das 16:00 horas.

O resto de equipos compiten como visitantes na xornada dominical.

O Xuvenil A enfróntase na Cheda (12:15) ao CD Lugo co obxectivo de instalarse no grupo de cabeza da División de Honra.

Pecha a xornada o partido de Primera Autonómica do Orzán SD Xuvenil Femenino en Noia (18:30).

Neste equipo, varias xogadoras estiveron citadas coa selección galega sub-17 no citado partido amigable en Gondomar: Emma Gandoy, Laura Santos e Noa Fariña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
11ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 25 de novembro ás 15:45 no Estadio Olímpico de León
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF e Lóstrego CF, 28 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 27 puntos; 4. Sárdoma CF, 21 puntos; 5. Olímpico de León, 19 puntos...

11ª xornada: CF NOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 26 de novembro ás 18:30 no Anexo Julio Mato (Noia)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 25 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 22 puntos; 3. SD O Val e Lóstrego CF B, 20 puntos... 16. CF Noia, 5 puntos

11ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - UD CARRAL, o domingo 26 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 9. UD Carral, Xallas FC e UD Santiso FC, 12 puntos; 12. Orzán SD B sub-16 Femenino, 11 puntos; 13. Cultural Maniños, 9 puntos...

11ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - PM FRIOL, mañá sábado 25 de novembro ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 27 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Escuela FB Amistade (un partido menos), 21 puntos... 11. PM Friol (un partido menos), 8 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 4 (Naiara Fontenla, Sasha Decor, Marta Moreno e Bianca Ventureira) - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 1 (Ariana Barros)
11ª xornada: ARZÚA FCF - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, mañá sábado 25 de novembro ás 16:00 no campo do Viso (Arzúa)
11ª xornada: ANTAS SD - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá sábado 25 de novembro ás 12:15 no campo Castro Seoane (Antas de Ulla)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 27 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 24 puntos; 3. SCD Pastoriza, 21 puntos... 11. Arzúa FCF (un partido máis), 8 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino e AD Cristo Rey (un partidos máis), 4 puntos...

Segunda Federación
13ª xornada: FABRIL - CD CAYÓN, o domingo 26 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 9. RS Gimnástica de Torrelavega, 15 puntos; 10. Fabril e Coruxo FC, 14 puntos... 16. CD Cayón, 9 puntos... 

Categoría xuvenil
12ª xornada: CD LUGO - XUVENIL A, o domingo 26 de novembro ás 12:15 na Cheda (Lugo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 27 puntos; 2. Real Oviedo, 26 puntos; 3. Real Racing Club, 24 puntos; 4. Xuvenil A, 23 puntos; 5. SD Compostela, 22 puntos... 12. CD Lugo, 10 puntos... 

13ª xornada: RACING DE FERROL - XUVENIL B, mañá sábado 25 de novembro ás 16:00 no Pote (Maniños)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 36 puntos; 2. RC Celta B, 26 puntos... 8. Racing de Ferrol, 16 puntos... 

Categoría cadete
11ª xornada: CADETE - CD AREOSA, mañá sábado 25 de novembro ás 11:30 en Abegondo
11ª xornada: SALGUEIRIÑOS FC - SAN TIRSO SD CADETE, mañá sábado 25 de novembro ás 18:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 30 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 25 puntos... 9. Salgueiriños FC, 15 puntos... 12. CD Areosa, 9 puntos... 14. San Tirso SD Cadete, 7 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - INFANTIL, mañá sábado 25 de novembro ás 17:20 no Municipal de Bertamiráns
10ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 25 de novembro ás 12:30 no campo Miguel Ángel (Os Remedios, Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 27 puntos; 2. RC Celta, 25 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán e AJ Lérez, 17 puntos... 9. Pabellón Ourense CF, 12 puntos; 10. Ural Español CF, 10 puntos; 11. San Tirso SD Infantil, 9 puntos; 12. UD Santa Mariña e Bertamiráns FC, 8 puntos...

Categoría alevín
6ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF, mañá sábado 25 de novembro ás 19:00 na Torre (campo 2.2)
3ª xornada (martes 21): VICTORIA CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López, Nico Rodríguez-Ponce e Miguel Candal)
6ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá sábado 25 de novembro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 15 puntos; 2. Alevín A, 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 4. Victoria CF (un partido máis), 8 puntos...

Categoría benxamín
6ª xornada: ORILLAMAR SD - BENXAMÍN A, mañá sábado 25 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Ural Español CF (un partido máis), 12 puntos; 2. Benxamín A e Victoria CF, 9 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros e Orillamar SD (un partido máis), 6 puntos...

6ª xornada: OLÍMPICO CF - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 25 de novembro ás 12:00 no Complexo Deportivo de Vilaboa
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín (un partido menos), 12 puntos; 2. UD Carral, 10 puntos... 8. Olímpico CF (un partido máis), 3 puntos...