RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tres partidos o sábado e outros tantos o domingo en ANOSACANTEIRA feminina

A xornada en ANOSACANTEIRA repártese entre o sábado 12 e o domingo 13 de outubro.

O sábado a quenda será para o Orzán SD Cadete ante o Silva SD (12:00); e para o Orzán SD Infantil A (12:15) e Orzán SD Infantil B (10:15) na Torre ante o Racing de Ferrol e Torre SD respectivamente.

O domingo sobresae o encontro do Deportivo ABANCA B, que se mide en Abegondo (12:30) ao CD Romanón.

As branquiazuis son segundas na táboa de Tercera Federación, a 2 puntos do líder, o Olímpico de León.

Será baixa Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 na República Dominicana para participar no Campionato do Mundo.

Os outros 2 encontros son na Torre: o Orzán SD Sub-21 ante o RC Celta B (16:00) e o Orzán SD Xuvenil fronte ao PM Friol B (18:00).

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD ROMANÓN, o domingo 13 de outubro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación: 1. Olímpico de León, 15 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 13 puntos; 3. RC Celta e PM Friol, 12 puntos... 14. CD Romanón, 1 punto...

Primera Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - RC CELTA B, o domingo 13 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: 1. RC Celta B, 12 puntos; 2. EFM Concello de Boiro e Orzán SD Sub-21, 10 puntos; 4. Victoria CF B, 9 puntos...

Segunda Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - PM FRIOL B, o domingo 13 de outubro ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: ... 5. Brexo Lema SD e Sporting Burgo, 9 puntos; 7. Orzán SD Xuvenil, 8 puntos... 11. PM Friol B, 3 puntos...

Liga Galega cadete
3ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD CADETE, o sábado 12 de outubro ás 12:00 en Eirís (A Coruña)

Liga Galega infantil
3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - RACING DE FERROL, o sábado 12 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)
3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - TORRE SD, o sábado 12 de outubro ás 10:15 na Torre (campo 1)