Uche Henry Agbo (Kano City, Nixeria, 4 de decembro de 1995) non continuará pertencendo ao RC Deportivo ao accionarse unha cláusula do contrato do futbolista que supón que xa non se atope vinculado á entidade e por tanto, a súa saída do ámbito de aplicación do ERE. O centrocampista nixeriano chegara ao Deportivo no mercado de inverno da Temporada 2019-2020, sumando 28 partidos e 1.700 minutos coa camiseta do Dépor.
O Real Club Deportivo quere agradecer a Uche esa achega ao equipo e deséxalle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais.