RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Uche Agbo, novo xogador do Deportivo 2019-2020

Uche Henry Agbo (Kano City, Nixeria 4 de decembro de 1995) converteuse hoxe, e até final de temporada, con opción de ampliación, en novo xogador do Real Club Deportivo. O centrocampista nixeriano, internacional en categorías inferiores, chega cedido polo Standard de Lieja, club ao que pertence, aínda que nos últimos meses defendeu a camiseta do Sporting Braga.

Após os seus inicios en clubs do seu país: FC Taraba, Juth FC e Enyimba Aba deu o salto ao fútbol europeo a través de Udinese. Ao fútbol español chegou ao Recre Granada de Segunda B na temporada 2014-2015, xogando case un centenar de partidos en tres campañas entre o Recre e o Granada CF. Tamén defendeu as cores do Rayo Vallecano en España media ducia de partidos e máis de 60 a do Standard de Lieja. A súa última experiencia este ano en Portugal péchase con 7 partidos.

Após superar os pertinentes recoñecementos médicos no Hospital HM Modelo e visitar tamén a semana pasada as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo e o Estadio ABANCA-RIAZOR para ver os partidos dos seus novos compañeiros, hoxe quedaron resoltos os trámites administrativos para pechar a operación.