RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Última mañá de traballo no Dépor antes dun descanso de dous días

Apenas 10 horas despois de aterrar no Aeroporto da Coruña, o Dépor realizou esta mañá en Abegondo unha última sesión de traballo, a habitual post-partido, antes do descanso de mañá luns 1 de abril e o martes 2.

Os titulares onte na Cidade Deportiva Dani Jarque realizaron co resto do grupo unha activación con rondos; e pasaron a continuación a tarefas de recuperación no ximnasio e na sala de fisioterapia.

Para os demais futbolistas houbo ademais un xogo de posición con porterías pequenas, un exercicio de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Hugo Rama, onte ante os medios de comunicación, aseguraba estar "a gozar moito do día a día, dos meus compañeiros".

Entre os xogadores que completaron toda a sesión de hoxe estivo Germán Parreño, que levou onte os eloxios dos seus compañeiros pola súa actuación ante o equipo catalán.

"Está a un nivel moi bo, véselle adestrando. Nos partidos de atrás tamén fixo uns partidos moi bos, moi completos. Á parte de parando cos pés dános moito. O nivel dos porteiros que temos é moi alto", afirmou Davo do meta deportivista.

"Sabemos que temos un grandísimo porteiro. Cando un quere ser campión, ten que ter un porteiro campión", manifestou Imanol Idiakez nada máis finalizar o encontro de onte.

Esta mañá Lucas estivo con adestramento personalizado e o canteirán Rubén López, a pesar de que xogou os últimos 20 minutos co primeiro equipo, púxose ao dispor de Óscar Gilsanz para o choque da Fabril fronte ao UP Langreo.

Os Nosos regresarán aos adestramentos o mércores 3 de abril ás 11:00 en Abegondo, con almorzo xa na instalación a partir das 8:30, para comezar a preparar xa a seguinte cita ligueira, a visita do Unionistas de Salamanca CF a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 7 de abril ás 17:00 (TVG-2 e FEF TV).

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK