RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA reforzado animicamente na Copa cítase mañá domingo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR con "un gran rival", a Real Sociedad

O Dépor ABANCA cítase mañá domingo 10 de novembro ás 12:00 (Dazn e Gol Play) con "un gran rival", tal e como definiu Irene Ferreras esta mañá en rolda de prensa á Real Sociedad. "É un gran equipo, con moitísimos argumentos, que compite moi ben e que se identifica por querer o balón e por querer facer cousas importantes co balón", engade.

As Nosas chegan co impulso anímico do contundente triunfo (3-0) do pasado martes en Abegondo ante o Real Betis Féminas na terceira eliminatoria da Copa de la Reina.

A adestradora branquiazul admite que "nos veu moi ben a nivel de confianza. As vitorias sempre reforzan o traballo. É o que ten o fútbol e facelo dunha maneira tan contundente refórzanos moito animicamente. Saíunos ben a formulación do partido, as xogadoras aos poucos vanse conectando. Estamos nese momento onde elas se empezan a coñecer máis".

Co partido aprazado de Liga F do pasado sábado ante a Valencia CF Féminas que se xogará finalmente o vindeiro mércores 18 de decembro ás 20:30, As Nosas suman 6 puntos na décimo terceira posición.

Pola súa banda, a Real Sociedad, que na última xornada igualou no seu campo (2-2) ante o Madrid CFF, é 5ª na táboa con 13 puntos.

Lonxe do seu campo esta temporada o conxunto donostiarra gañou ao Levante UD (1-2) e Granada CF (0-2); e caeu co Sevilla CF (3-2), FC Barcelona (3-1) e Atlético de Madrid (1-0).

O seu técnico, José Luis Sánchez Vera, cre que a Real Sociedad chega a ABANCA-RIAZOR nun momento "positivo. A identidade está a tela todos os días. Un equipo con presións altas, que tenta recuperar a bóla todos os días, con todos os proles e os contras que ten iso".

Do Dépor ABANCA indica que "é un equipo súper esixente, que está a sumar puntos; compacto; complicado; que ten xogadoras para transitar; de mediocampo cara arriba moi verticais, que xogan moi ben de costas, que conseguen virar".

Finalizado o partido, o cadro branquiazul adestrarase o luns 11 de novembro ás 11:00 en Abegondo.