RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Un Dépor que "traballa de luxo" comezou esta mañá a preparar a visita do CD Eldense a ABANCA-RIAZOR

O Dépor comezou esta mañá en Abegondo a preparar a visita do CD Eldense a ABANCA-RIAZOR prevista para o sábado 19 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion). "En casa está a custar un pouquiño máis sacar os puntos pero se seguimos por esta liña máis a calor de #ANOSAFORZA que nos apoia en todo momento vanse a sacar eses puntos", afirmou Sergio Escudero na sala de prensa.

Un dos futbolistas máis veteranos do vestiario subliñou ante os medios de comunicación que "se están facendo as cousas moi ben" na Cidade Deportiva.

Así pois, pide "paciencia, confianza no equipo porque traballa de luxo todas as semanas".

Imanol Idiakez dispuxo, após unha activación con rondos, dun exercicio de posición e unha serie de partidos en espazo máis reducido.

Gauto e Jaime estiveron hoxe con adestramento personalizado nunha mañá na que aínda non estivo Yeremay, de regreso á Coruña este mediodía da concentración da selección española sub-21.

Pola súa banda, Aarón e Pablo García foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, Os Nosos volverán adestrarse a partir das 11:00 en Abegondo.