Viaxe de regreso de Tenerife e xa adestramento de cara ao CD Castellón
A suspensión do partido de onte no Heliodoro Rodríguez López de Tenerife obrigou ao corpo técnico do Dépor a modificar a planificación de traballo dunha semana, última de competición de 2024, con 2 partidos ligueiros en ABANCA-RIAZOR: este xoves 19 ante o CD Castellón ás 21:15 e o domingo 22 fronte ao CD Mirandés ás 21:00 horas.
Nun principio estaba previsto hoxe luns unicamente a viaxe de volta desde a cidade tinerfeña con toque de espertador no Hotel NH Tenerife ás 6:00.
Ao non xogarse, nada máis chegar a Abegondo, o cadro, que se pasou o domingo no hotel canario, dirixiuse ao campo 2 da Cidade Deportiva para un adestramento de fútbol.
Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con roda de pases e rondos, un exercicio de posición e un partido para concluír en espazo reducido.
Dani Barcia é o único futbolista con adestramento personalizado.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 17 de decembro 11:00 h., Abegondo
Mércores 18 de decembro 11:00 h., Abegondo
Xoves 19 de decembro 21:15: CD Castellón - Deportivo, en ABANCA-RIAZOR
Venres 20 de decembro 11:00 h., Abegondo
Sábado 21 de decembro 11:00 h., Abegondo
Domingo 22 de decembro 21:00: Deportivo - CD Mirandés, en ABANCA-RIAZOR