RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vicente Gómez e Carlos Fernández empezan a semana co grupo

O Deportivo, hoxe co fabrilista Pedro López, volveu esta mañá aos adestramentos despois de dous días de descanso, para comezar a preparar a visita ao Málaga CF, prevista para este domingo 24 de febreiro na Rosaleda (18:00, Movistar Partidazo).

O primeiro equipo arrincou con Vicente Gómez e Carlos Fernández co grupo. Os Servizos Médicos do RC Deportivo avaliarán agora o estado físico de ambos os futbolistas nas próximas horas.

Após un quecemento e uns rondos, Natxo González dispuxo de dúas tarefas de fútbol, unha con porterías pequenas e a última con 3 porterías.

A mañá iniciouse cunha charla no vestiario de case hora e media de duración; polo que os futbolistas saltaron ao céspede pasadas as 12:30.

Quedou no ximnasio Krohn-Dehli e Edu Expósito, este último cun adestramento específico. Tamén está fóra do grupo Pedro Mosquera, que traballou co readaptador, Fran Molano.

Mañá mércores, o equipo está citado de novo en Abegondo ás 11:00 horas.