RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Víctor entra na recta final da súa recuperación ao realizar xa tarefas co grupo

Víctor entra na recta final da súa recuperación. Esta mañá, na primeira sesión de traballo do Deportivo esta semana, o carrileiro branquiazul comezou a realizar tarefas co grupo.

Agora, os Servizos Médicos comprobarán a súa evolución nos próximos días para comprobar se Víctor está en condicións de competir este domingo 27 de febreiro (12:00 horas, Footters) no Estadio Novo Matapiñonera, en San Sebastián de los Reyes, en partido correspondente á 25ª xornada en Primeira RFEF.

Só Diego Aguirre tivo adestramento personalizado, a consecuencia dunhas molestias nos isquiotibiais, pendente de evolución nos próximos días.

Despois de dous días de descanso, onte luns e martes, Borja Jiménez 'recibiu' ao seu cadro cunha longa e intensa sesión de traballo, cun quecemento con tarefas de forza, un partido a tres cuartas partes do campo 2 e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír. Todo iso despois de pasar pola sala de vídeo, como adoita ser habitual no primeiro adestramento semanal.

O único contratempo da asollada mañá foi unha escordadura de nocello que obrigou a Ian Mackay a retirarse antes aos vestiarios.

Con Noel e Trilli concentrados até hoxe mércores coa selección española sub-19, Yeremay, Alberto e Iván Guerrero foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.