Un gran número de persoas xa participaron no programa de visitas guiadas ao Estadio de Riazor durante o pasado mes de xullo e espéranse más aínda este mes de agosto. As visitas desenvólvense de luns a sábado, co seguinte horario: Pola
Cada visita, acompañada por técnicos culturais do Real Club Deportivo, dura 45 minutos e costa 3 euros, con agasallo dun detalle do Club incluído.
Entre os lugares que os grupos poden ver son, ademais do terreo de xogo, as bancadas, zona de prensa, zona mixta e sala de prensa, palco presidencial, corredor de vestiarios e os trofeos da Deportienda e a Praia Club. Os interesados deben dirixirse á porta 27 de acceso a Tribuna Superior, xusto na rampla que está sobre a Deportienda, uns minutos antes da hora de cada visita.
Esta actividade organizada polo Real Club Deportivo experimentou un notable crecemento desde que se iniciou, coincidindo coa ampliación do horario de visitas e coas demandas dos propios afeccionados que se dirixían ao Club pedindo pasar ao interior do Estadio de Riazor, e concluirá co remate da temporada 2008-2009.