Joaquín Navarro Jiménez (Guadahortuna, Granada, 23 de xaneiro de 1990), coñecido futbolísticamente como Ximo Navarro, xa é novo xogador do Dépor para esta temporada.
Este futbolista, que pode actuar en todos os postos da defensa, chega a ABANCA-RIAZOR após militar a pasada temporada na Fortuna Sittard da Primeira División de Países Bajos (Eredivise), co que xogou 15 partidos.
Formado na canteira do Real Mallorca, atesoura unha ampla experiencia no fútbol español. Así, disputou 177 partidos e anotou 3 goles en Primeira División desde a temporada 2012-13 defendendo as cores do Real Mallorca (15 encontros), UD Almería (28), UD Las Palmas (31) e Deportivo Alavés (103 partidos desde a campaña 2018-19 á 2021-22).
En Segunda División tamén foi un dos habituais, cun total de 128 encontros xogados e 4 goles entre o Recreativo de Huelva (12 partidos), Córdoba CF (17 partidos), RCD Mallorca (38 partidos) e UD Almería (61 partidos).
Ximo Navarro tamén coñece a Primera Federación, antiga Segunda División B, posto que no arranque da súa carreira disputou 58 partidos e meteu 1 gol co RCD Mallorca B (temporadas 2009-10 e 2010-11).