RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Yohana Gómez, nova xogadora do Dépor ABANCA 22-23

Yohana Gómez Camino (San Pablo de los Montes, Toledo, 20 de xaneiro de 1994) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a campaña 2022-2023.

A porteira toledana aterra no Dépor ABANCA procedente do Rayo Vallecano, equipo co que xogou 4 partidos de Primera Iberdrola e 1 de Copa da Raíña a pasada temporada.

Yohana comezou a súa carreira nas filas do CDE Gálvez (2008-2012) e do CDE Guadamur (2012-2013), antes de pasarse un ano ao fútbol sala, co Almagro FSF (2013-2014). Despois de regresar ao CDE Guadamur (2014-2017) fichou polo CD Tacón (2017-2020) e xogou no Real Madrid CF na primeira temporada da súa historia (2020-2021). No conxunto branco compartiu portería con dúas coñecidas do deportivismo: Ana Valles e Misa.

Yohana súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López, Aroa e Carlota Sánchez, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as fichaxes de Carlota Suárez, Millene Cabral e Marta Charle.