RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Babel e Fernando Navarro, satisfeitos, lembran non obstante que o mércores o equipo afronta a Copa

Ryan Babel e Fernando Navarro compareceron ante os medios informativos na zona mixta do Estadio de Riazor.

Así, Ryan Babel mostrouse "moi contento polo aplauso que recibín da bancada", no momento de ser substituído por Marlos Moreno na segunda parte.

Preguntado sobre o seu futuro, o internacional holandés prefire falar do grupo: "Temos un bo equipo, Crecemos xuntos. No mes que estiven, crecín tamén e estou contento por iso".

"Tivemos un bo partido hoxe, o mércores temos un novo partido. Estou moi contento e concentrado no partido do mércores", subliñou o dianteiro deportivista.

Pola súa banda, Fernando Navarro cre que o Deportivo "fixo hoxe un partido completo de principio a fin. Foi dominador do partido, das ocasións, ante un rival directo, necesitado igual que nós".

Comenta o campión de Europa que os futbolistas "estamos contentos pola traxectoria dos últimos partidos" pero, do mesmo xeito que Babel minutos antes, lembra que o mércores hai partido de Copa ante o Real Betis (21.00 horas) "para acabar o ano, facer un bo partido e tentar pasar a eliminatoria".

Do choque ante Osasuna, destaca Navarro que o Dépor esta tarde "foi maduro, soubo xogar ben o partido, boas posesións e poucos riscos".