Babel despídese do Deportivo e deixa aberta a porta a un regreso no futuro
Ryan Babel compareceu na zona mixta de Riazor para anunciar a súa despedida do RC Deportivo: "Vou falar co meu axente agora pero circunstancias familiares obríganme a aceptar unha oferta que non é a do Deportivo".
Da súa etapa na Coruña, resume que "cando vin non estaba en forma. Os adestradores axudáronme moito. O primeiro mes foi moi difícil pero todo o mundo axudoume para chegar ata aquí".
Iso si, deixou aberta a porta ao seu regreso: "Se me queren de volta, por suposto que volvería".
Pola súa banda, Luisinho, autor dun espectacular gol esta noite, subliñou que ese gol "foi moi especial non por Víctor Sánchez senón para o Deportivo e para min. Era unha eliminatoria difícil, viñamos de perder 1-0, pero o equipo demostrou que está a atravesar un gran momento".
Explicou que foi o seu primeiro gol como xogador de Primeira División, "chegou agora nesta eliminatoria no que o necesitabamos, e moi contento por iso".
No sorteo de oitavos de final, Luisinho di que "hai equipos fortes, como o Barça, o Madrid... calquera equipo que nos toque vai ser difícil, e temos que afrontar esta eliminatoria con esta mentalidade".