RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Ola John co grupo, esta mañá en Abegondo

Ola John adestrouse esta mañá por primeira vez co grupo en Abegondo, no regreso aos adestramentos do primeiro equipo.

Os titulares o pasado sábado ante o Villarreal rebaixaron a intensidade do adestramento. Así, tras un quecemento e uns rondos, este grupo de futbolistas realizou exercicios de recuperación dirixidos polo preparador físico José Ángel Franganillo.

Para o resto do cadro houbo ademais un traballo de posesión e un partido con dous equipos de sete xogadores.

Carles Gil e Bruno Gama adestráronse co readaptador, Fran Molano; mentres que Borja Valle estivo cos fisioterapeutas, debido a unhas molestias no cuádriceps dereito, pendente de probas médicas.

Hoxe adestráronse co Deportivo os fabrilistas Óscar, Marcos Legaz, Ángel, Naveira, Alberto Leira e o porteiro nixeriano Francis Odinaka Uzoho, incorporado recentemente ao Xuvenil B de Liga Nacional.

Mañá, os futbolistas están citados de novo en Abegondo ás 11:00 horas.