A renovación de Villares, a primeira co sistema de firma dixital coruñés Docuten no RC Deportivo
A renovación de Diego Villares co RC Deportivo até 2027 supuxo ademais a primeira firma dixital no club co sistema da empresa coruñesa Docuten, novo partner do club.
Especializada en firma dixital e facturación electrónica, a compañía tecnolóxica galega achegará a súa experiencia en dixitalización de procesos administrativos ao RC Deportivo, co obxectivo de mellorar a súa eficiencia e diminuír a súa pegada ecolóxica, grazas á eliminación do papel en todos os seus departamentos. O club segue avanzando deste xeito nos seus procesos internos para ser cada vez máis dixital, máis eficiente e máis respectuoso co medio ambiente.
A compañía tecnolóxica coruñesa Docuten reforza así ademais a súa presenza no ámbito deportivo, no que xa traballa con outros clubs do fútbol profesional de toda España, ademais doutras empresas e entidades de referencia.