RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A UD Llanera sorprende a un Dépor ABANCA B pouco preciso en ataque 

A UD Llanera, un equipo da zona media-baixa da táboa no grupo 1º de Tercera Federación FutFem, sorprendeu (2-1) no seu campo ao Deportivo ABANCA B, en partido correspondente á 15ª xornada.

Óscar Orro non puido contar, entre outras, con Lucía Rivas, Carmen Carballada e Elena Vázquez, citadas polo primeiro equipo para a partida fronte ao Madrid CFF B.

O partido foi de dominio deportivista, aínda que iso si, con pouca precisión na área rival. As asturianas anotaron nos seus dous únicos achegamentos.

Laura Otero foi a autora do único tanto do filial.

A pesar da derrota, as branquiazuis, con 32 puntos, mantéñense na 2ª posición de Tercera Federación FutFem após o Real Avilés CF, líder destacado.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Noelia Mayo, María Calvo, Uxía López, Laura Santos, Celia Sousa, Paula Novo, Laura Otero, Paula Monteagudo, Laura Testa e Noela. Tamén xogaron: Macarena González, Elena López 'Cusi', Emma Gandoy e Sara Cercido.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B arrinca a segunda volta coa visita ao Victoria FC de Santiago. Aínda que antes, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido están convocadas coa selección galega sub-17 para un adestramento o martes 16 de xaneiro ás 17:00 no campo da Braña en Rois.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)