RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

ABANCA-RIAZOR recibiu aos alumnos do CEIP Isaac Díaz Pardo nunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo gozaron esta mañá dunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que de novo tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR. Os estudantes compartiron parte da mañá con Sara del Estal, xogadora do Dépor ABANCA. Nesta ocasión non foi posible a partipación de futbolistas do primeiro equipo do Dépor debido ao desprazamento a Leganés.

Antes do encontro cos xogadores os alumnos puideron gozar dunha visita guiada polas dependencias do Estadio ABANCA-RIAZOR e, posteriormente, na Sala de Prensa recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista da Opinión da Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo exconsejero Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas pola futbolista e coa foto de familia ao bordo do terreo de xogo.

A experiencia branquiazul dos alumnos do colexio cullerdense concluirá no último partido ligueiro do Dépor esta temporada en ABANCA-RIAZOR, fronte ao Villarreal, a fin de semana do 13 de maio.