O Real Club Deportivo, na web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, xa ten activo todo o procedemento para poder participar, en primeira convocatoria, na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do próximo luns 17 de xullo ás 11:00 h. con asistencia exclusivamente telemática das persoas e empresas accionistas.
Os procedementos que, desde este momento e até o vindeiro venres 14 de xullo ás 10:00 h., pódense levar a cabo na web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas son tres:
A. ACCESO Á XUNTA: as persoas e empresas accionistas, ou representantes de accionistas debidamente acreditados, que desexen participar persoalmente na Xunta Xeral Telemática deben completar o seguinte procedemento:
- Acceder á páxina: www.rcdeportivo.es/accionistas
- Pulsar o botón: “Delegue AQUÍ a representación das súas accións ou obteña o acceso á Xunta de Accionistas Telemática antes do día 14 de xullo ás 10:00 h.”
- Na nova páxina que se abre pulsar o botón ASISTENCIA Á XUNTA XERAL
- Cubrir convenientemente todos os datos solicitados no FORMULARIO DE ASISTENCIA Á XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA
- Enviar o formulario
- Revisar a bandexa de entrada (ou spam) do correo electrónico facilitado no formulario e seguir as instrucións recibidas para completar o procedemento de acceso e asistencia á Xunta Xeral
B. DELEGACIÓN TELEMÁTICA DE ACCIÓNS: as persoas e empresas accionistas que desexen delegar as súas accións noutra persoa que os represente deben completar o seguinte procedemento:
- Acceder á páxina: www.rcdeportivo.es/accionistas
- Pulsar o botón: “Delegue AQUÍ a representación das súas accións ou obteña o acceso á Xunta de Accionistas Telemática antes do día 14 de xullo ás 10:00 h.”
- Na nova páxina que se abre pulsar o botón DELEGACIÓN
- Cubrir convenientemente todos os datos solicitados no FORMULARIO DE DELEGACIÓN DE VOTO
- Enviar o formulario
- Revisar a bandexa de entrada (ou spam) do correo electrónico facilitado no formulario e seguir as instrucións recibidas para completar o procedemento de delegación de Accións para a Xunta Xeral
C. SOLICITAR A QUENDA DE PALABRA: as persoas e empresas accionistas, ou representantes de accionistas debidamente acreditados, que desexen dispor de Quenda de Palabra ao longo da Xunta Xeral Telemática deben completar o seguinte procedemento:
- Acceder á páxina: www.rcdeportivo.es/accionistas
- Pulsar o botón: “Solicite AQUÍ a súa quenda de palabra na Xunta antes do día 14 de xullo ás 10:00 h.”
- Na nova páxina que se abre completar os datos solicitados o formulario e enviar
- Revisar a bandexa de entrada (ou spam) do correo electrónico facilitado no formulario para comprobar que se rexistrou correctamente a súa solicitude e seguir as instrucións sinaladas para o día da Xunta.
Ademais deste procedemento completamente telemático, o Real Club Deportivo pon a disposición de todas as persoas e empresas accionistas a Oficina de Atención ao Deportivismo para aclarar dúbidas sobre o proceso ou para axudar ás persoas e empresas accionistas ou os seus representantes co mesmo, sobre todo no caso de quen queiran realizar a delegación de accións no impreso oficial a disposición de todas as persoas e empresas accionistas na propia Oficina de Atención ao Deportivismo.
De 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas na Oficina de Atención ao Deportivismo (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de mércores 5 a venres 14 poderán realizarse este tres operacións coa colaboración dos profesionais do Real Club Deportivo.
No caso da representación, a persoa accionista representada deberá cubrir persoalmente o impreso de delegación e mostrar o seu DNI ou pasaporte orixinal. Será obrigatorio tamén presentar copia do DNI ou pasaporte orixinal da persoa representante e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación. Tamén é posible mediante a presentación das correspondentes escrituras públicas outorgadas para estes efectos ante notario.
O Real Club Deportivo agradece a todos os seus accionistas que realicen estes procedementos á maior anterioridade posible desde o momento da publicación desta nota informativa, sempre antes do venres 14 ás 10:00 h. para evitar incidencias de última hora.