RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACCIONISTAS

Resultados das votacións da Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas

Na mañá do mércores 26 de xuño, celebrouse, en primeira convocatoria, a Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo. A Xunta Xeral quedou configurada coa participación telemática de 34 accionistas e representantes, para un total de 584.846 accións (76,985 % do Capital Social).

Tralo informe do Presidente, Álvaro García Diéguez, aos accionistas, a presentación do resto dos puntos, as alocucións do Director de Planificación, Administración e Finanzas, Paulo Dinis de Brito, e do Secretario do Consello de Administración, Eduardo Cortizo, e a quenda de rogos e preguntas, os resultados das votacións foron os seguintes:

PRIMEIRO. -APROBACIÓN DO BALANCE DE SITUACIÓN DO Real Club Deportivo de La Coruña, SAD de data 31 de marzo de 2024 formulado polo Consello de Administración da sociedade e auditado polos auditores da sociedade.

Si: 584.568 (99,952 %)
Non: 236 (0,040 %)
Abs: 42 (0,007 %)

SEGUNDO. -APROBACIÓN DA COMPENSACIÓN DE PERDAS CON CARGO ÁS RESERVAS LEGAIS E VOLUNTARIAS CON QUE CONTA O CLUB E APROBACIÓN DA REDUCIÓN DE CAPITAL COA FINALIDADE DE RESTAURAR O EQUILIBRIO E A ESTRUTURA DE PATRIMONIO NETO DA SOCIEDADE E MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 5º E 6º DOS ESTATUTOS SOCIAIS. DELEGACIÓN DE FACULTADES NO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN PARA, NO SEU CASO, EXECUTAR DE FORMA INMEDIATA E INDEPENDENTE DO RESTO DE PUNTOS DA ORDE DO DÍA, O ACORDO DE REDUCIÓN DE CAPITAL ADOPTADO.

2.1.-APROBACIÓN DA APLICACIÓN Á COMPENSACIÓN DE PERDAS CON CARGO ÁS RESERVAS LEGAIS E VOLUNTARIAS CON QUE CONTA O CLUB, con base no balance individual da Sociedade pechado a 31 de marzo de 2024 que se someteu a aprobación baixo o punto 1º da orde do día da Xunta Extraordinaria de Accionistas.

Si: 584.551 (99,950 %)
Non: 260 (0,044 %)
Abs: 35 (0,006 %)

2.2. -REDUCIÓN DE CAPITAL social en 45.596.713,84 euros, mediante a diminución do valor nominal das accións da Sociedade en 60,02 euros até o valor nominal de 0,08 euros por acción, para compensar perdas COA FINALIDADE DE RESTAURAR O EQUILIBRIO E A ESTRUTURA DE PATRIMONIO.

Si: 584.558 (99,951 %)
Non: 265 (0,045 %)
Abs: 23 (0,004 %)

TERCEIRO. -AUMENTO DO CAPITAL SOCIAL MEDIANTE COMPENSACIÓN DE CRÉDITOS LÍQUIDOS, VENCIDOS E EXIXIBLES POR IMPORTE NOMINAL DE 5.219.484,48 EUROS, MEDIANTE A EMISIÓN DE 65.243.556 NOVAS ACCIÓNS, Nº 759.693 a 66.003.248, AMBAS INCLUSIVE, DE 0,08 EUROS DE VALOR NOMINAL, DA MESMA CLASE E SERIE QUE AS ACTUAIS, CUNHA PRIMA DE EMISIÓN DE 0,98057373390 € POR CADA ACCIÓN. A CONTÍA DA AMPLIACIÓN CORRESPÓNDESE CO IMPORTE EXACTAMENTE CONVERTIBLE EN ACCIÓNS DOS PRÉSTAMOS CONCEDIDOS POR ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A. A FAVOR DA SOCIEDADE, A FIN DE INCREMENTAR O SEU TOPE SALARIAL PARA ASEGURAR A SÚA SUPERVIVENCIA ECONÓMICA E DEPORTIVA. CONSECUENTE MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 5 E 6 DOS ESTATUTOS SOCIAIS RELATIVOS Á CIFRA DO CAPITAL SOCIAL E AO NÚMERO DE ACCIÓNS QUE O CONFORMAN. CREACIÓN E EMISIÓN DE NOVAS ACCIÓNS, TODAS ELAS DA MESMA CLASE, CON IDÉNTICO VALOR NOMINAL ÁS EXISTENTES E QUE OUTORGAN AO SEU TITULAR OS MESMOS DEREITOS POLÍTICOS E ECONÓMICOS. FIXACIÓN DAS CONDICIÓNS DE SUBSCRICIÓN E DESEMBOLSO. DELEGACIÓN DE FACULTADES NO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN PARA, NO SEU CASO, EXECUTAR DE FORMA INMEDIATA E INDEPENDENTE DO RESTO DE PUNTOS DA ORDE DO DÍA, O ACORDO DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL ADOPTADO.

Si: 584.561 (99,951 %)
Non: 254 (0,043 %)
Abs: 31 (0,005 %)

CUARTO. -AUMENTO DO CAPITAL SOCIAL MEDIANTE ACHEGA DINERARIA DIRIXIDA A TODOS OS ACCIONISTAS DO REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, S.A.D.  POR IMPORTE DE ATÉ 5.033.134,72 EUROS, MEDIANTE A EMISIÓN DE 62.914.184 NOVAS ACCIÓNS, Nº 66.003.249 A 128.917.432, AMBAS INCLUSIVE, DE 0,08 EUROS DE VALOR NOMINAL, DA MESMA CLASE E SERIE QUE AS ACTUAIS CON IDÉNTICO VALOR NOMINAL, CUNHA PRIMA DE EMISIÓN DE 0,98057373390 € POR CADA ACCIÓN, A FIN DE INCREMENTAR A ESTABILIDADE FINANCEIRA E DEPORTIVA DO CLUB. POSIBILIDADE DE SUBSCRICIÓN INCOMPLETA. CREACIÓN DAS NOVAS ACCIÓNS. CONSECUENTE MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 5 E 6 DOS ESTATUTOS SOCIAIS RELATIVOS Á CIFRA DO CAPITAL SOCIAL E AO NÚMERO DE ACCIÓNS QUE O CONFORMAN. FIXACIÓN DAS CONDICIÓNS DE SUBSCRICIÓN E DESEMBOLSO. DELEGACIÓN DE FACULTADES NO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN PARA, NO SEU CASO, EXECUTAR DE FORMA INDEPENDENTE DO RESTO DE PUNTOS DA ORDE DO DÍA, O ACORDO DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL ADOPTADO.

Si: 584.565 (99,952 %)
Non: 243 (0,042 %)
Abs: 38 (0,006 %)

QUINTO. -MODIFICACIÓN AO ARTIGO 16 DOS ESTATUTOS RELATIVO AO DEREITO DE ASISTENCIA ÁS XUNTAS.

Si: 584.547 (99,949 %)
Non: 238 (0,041 %)
Abs: 61 (0,010 %)

SÉTIMO. -DELEGACIÓN DE FACULTADES PARA ELEVACIÓN A PÚBLICO E POSTERIOR INSCRICIÓN DOS ACORDOS ADOPTADOS.

Si: 584.566 (99,952 %)
Non: 170 (0,029 %)
Abs: 110 (0,019 %)