RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACCIONISTAS

Activado o acceso, a delegación de accións e a petición de quenda de palabra para a próxima Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas

O Real Club Deportivo, na web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, xa ten activo todo o procedemento para poder participar na Xunta Xeral de Accionistas con carácter de Extraordinario do próximo mércores 26 de xuño ás 9:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Os procedementos que, desde este momento e até o vindeiro luns 24 de xuño 2023 ás 10:00 h., pódense levar a cabo na web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas son tres:

A. ACCESO Á XUNTA: As persoas e empresas accionistas, ou representantes de accionistas debidamente acreditados, que desexen participar persoalmente na Xunta Xeral deben completar o seguinte procedemento:

Acceder á páxina: www.rcdeportivo.es/accionistas

Pulsar o botón: Delegue AQUÍ a representación das súas accións ou obteña o acceso á Xunta de Accionistas antes das 10:00 horas do sábado 22 de xuño.

Na nova páxina que se abre pulsar o botón ASISTENCIA Á XUNTA XERAL

Cubrir convenientemente todos os datos solicitados no FORMULARIO DE ASISTENCIA Á XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA

Enviar o formulario

Revisar a bandexa de entrada (ou spam) do correo electrónico facilitado no formulario e seguir as instrucións recibidas para completar o procedemento de acceso e asistencia á Xunta Xeral

B. DELEGACIÓN DE ACCIÓNS: as persoas e empresas accionistas que desexen delegar as súas accións noutra persoa que os represente deben completar o seguinte procedemento:

Acceder á páxina: www.rcdeportivo.es/accionistas

Pulsar o botón: Delegue AQUÍ a representación das súas accións ou obteña o acceso á Xunta de Accionistas antes das 10:00 horas do sábado 22 de xuño

Na nova páxina que se abre pulsar o botón DELEGACIÓN

Cubrir convenientemente todos os datos solicitados no FORMULARIO DE DELEGACIÓN DE VOTO

Enviar o formulario

Revisar a bandexa de entrada (ou spam) do correo electrónico facilitado no formulario e seguir as instrucións recibidas para completar o procedemento de delegación de Accións para a Xunta Xeral

C. SOLICITAR A QUENDA DE PALABRA: as persoas e empresas accionistas, ou representantes de accionistas debidamente acreditados, que desexen dispor de Quenda de Palabra ao longo da Xunta Xeral deben completar o seguinte procedemento:

Acceder á páxina: www.rcdeportivo.es/accionistas

Pulsar o botón: Solicite AQUÍ a súa quenda de palabra na Xunta antes das 10:00 h. do luns 24 de xuño

Na nova páxina que se abre completar os datos solicitados o formulario e enviar

Revisar a bandexa de entrada (ou spam) do correo electrónico facilitado no formulario para comprobar que se rexistrou correctamente a súa solicitude e seguir as instrucións sinaladas para o día da Xunta.

Ademais deste procedemento, o Real Club Deportivo pon a disposición de todas as persoas e empresas accionistas a Oficina de Atención ao Deportivista para aclarar dúbidas sobre o proceso ou para axudar ás persoas e empresas accionistas ou os seus representantes co mesmo, sobre todo no caso de quen queira realizar a delegación de accións no impreso oficial a disposición de todas as persoas e empresas accionistas na propia Oficina de Atención ao Deportivista.

De 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) poderán realizarse este tres operacións coa colaboración dos profesionais do Real Club Deportivo.

No caso da representación, a persoa accionista representada deberá cubrir persoalmente o impreso de delegación e mostrar o seu DNI ou pasaporte orixinal. Será obrigatorio tamén presentar copia do DNI ou pasaporte orixinal de acódea representante e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación. Tamén é posible mediante a presentación das correspondentes escrituras públicas outorgadas para estes efectos ante notario.

O Real Club Deportivo agradece a todos os seus accionistas que realicen estes procedementos á maior anterioridade posible desde o momento da publicación desta nota informativa para evitar incidencias de última hora.