Ás 9:00 horas deste venres 11 de outubro celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D en primeira convocatoria coa participación de accionistas que representaban o 99,788 % do capital social e coa presenza de notario.
A Xunta Xeral aprobou como puntos máis destacados a entrada de Juan Carlos Escotet como presidente do Consello de Administración, que se converte así no presidente número 50 da historia do Club; o nomeamento de Massimo Benassi como conselleiro delegado; a entrada no Consello de Marta Fernández Currás e Benito Couceiro Naveira; así como a adhesión ao crédito participativo de CVC. Todos os acordos adoptáronse por unanimidade dos accionistas presentes na Xunta conforme á orde do día publicado na páxina web corporativa do Club o pasado 10 de setembro de 2024.
PRIMEIRO.- O primeiro punto da orde do día non foi obxecto de votación por tratatarse dun punto meramente informativo sobre as contas do exercicio pechado o 30 de xuño de 2024 e o orzamento da temporada 2024-25.
SEGUNDO.-2.1. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente, aprobar, nos termos que se recollen na documentación legal posta a disposición dos Accionistas desde o momento da convocatoria da Xunta Xeral, as Contas Anuais Individuais do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. correspondentes ao exercicio social pechado ao 30 de xuño de 2024, que se presentan co informe de auditoría.
2.2. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente, aprobar a xestión do Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. correspondente ao exercicio social pechado ao 30 de xuño de 2024.
2.3. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente, aprobar, nos termos que se recollen na documentación legal posta a disposición dos accionistas desde o momento da convocatoria da Xunta Xeral, a proposta de aplicación de resultado correspondente ao exercicio social pechado ao 30 de xuño de 2024 nos termos previstos, referendados no informe de auditoría a resultados negativos de exercicios anteriores.
TERCEIRO.- A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente, aprobar, nos termos que se recollen na documentación legal posta a disposición dos Accionistas desde o momento da convocatoria da Xunta Xeral, o Orzamento do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. correspondente á temporada 2024-2025.
CUARTO.- 4.1. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente, aprobar, o aumento de membros do Consello nun membro de forma que quede integrado por sete membros.
4.2. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente, ratificar os nomeamentos polo procedemento de cooptación de D. Juan Carlos Escotet Rodríguez, D. Massimo Adalberto Benassi e Dª Marta Fernández Currás.
4.3. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente e queda, por tanto, nomeado Conselleiro D. Benito Couceiro Naveira.
4.4. A Xunta Xeral acordou, por maioría suficiente fixar a contía máxima de retribución de todos os conselleiros por todos os conceptos ao amparo do 249 da LSC.
4.5. A Xunta Xeral acordou, por maioría, fixar a duración do cargo de conselleiros en dous anos. En consecuencia, acordouse modificar a redacción actual do artigo 24 dos Estatutos reducindo a duración do cargo indicada a 2 anos.
QUINTO.- A Xunta aprobou por maioría suficiente a aprobación e formalización do contrato de adhesión ao préstamo participativo subscrito por LaLiga cos clubs de Primera e Segunda División de data 24 de novembro de 2021, dentro do acordo marco de financiamento concedido polo fondo CVC Capital Partners a LaLiga, apoderando ao Consello para, no seu caso a negociación e formalización do mesmo.
SEXTO.- Rogos e preguntas non foron obxecto de votación.
SÉTIMO.- Aprobación formal do apoderamiento ao Consello para poder elevar a público os acordos adoptados.