Ao finalizar o adestramento de hoxe sábado na Cidade Deportiva, Adrián López recibiu a alta médica e, por conseguinte, tamén se pon a disposición de Pepe Mel para o encontro deste luns 23 de outubro no Estadio ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol), ante o Girona, na 9ª xornada de LaLiga Santander.
Con Pedro Mosquera tamén de alta, só Carles Gil e Rubén Martínez, a día de hoxe, están de baixa médica.
Esta mañá, Fede Cartabia baixou a intensidade do seu adestramento. O atacante deportivista arrastra algunha molestia nun aductor e os Servizos Médicos non queren correr ningún risco co futbolista arxentino.
Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: