RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ali Muñoz, segunda fichaxe do Dépor ABANCA 2018-2019

Foto: Santa Teresa CD -

Alicia Muñoz García (Albacete, 13 de xaneiro de 1989) é a segunda fichaxe do Deportivo ABANCA de cara á Temporada 2018-2019, a terceira de existencia dos equipos femininos branquiazuis.

Ali Muñoz, como é coñecida no mundo do fútbol, procede do CD Santa Teresa de Badaxoz, co que militou a pasada campaña na Liga Iberdrola.

A xogadora manchega actúa en calquera posición da dianteira, incluídos ambos os extremos, e conta con ampla experiencia na Liga Iberdrola e fases de ascenso á mesma. Durante nove temporadas (2008-2017) xogou no Fundación Albacete, agás unha cesión de seis meses ao Sporting Huelva durante o curso 2015-2016.

Co conxunto da súa cidade, Ali disputou seis fases de ascenso a Liga Iberdrola de maneira consecutiva, logrando o salto de categoría en 2014. Desde entón, militou sempre na división de honra.

Con esta fichaxe, o cadro do Deportivo ABANCA conta a día de hoxe con 14 xogadoras: Anita (porteira), Mérida, Raquel, Cris, Miriam, Érika (defensas), Teresa, Kika, Iris (centrocampistas), Gaby, Peke, Michelle Romero, Nuria e Ali Muñoz (dianteiras).