RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSACANTEIRA abriu hoxe en Marrocos unha longa fin de semana de torneos

Desde hoxe xoves, co San Tirso SD Infantil (na foto principal da noticia) xa en xogo en Marrocos, #ANOSACANTEIRA vaise de torneos amigables nunha longa fin de semana tamén con participación deportivista en Cantabria (Cadete e Infantil), Ponte de Lima en Portugal (Alevín A), Calamocha en Teruel (Fabril FC Alevín), Vilagarcía (Benxamín A) e Zakopane en Polonia (Fabril FC Benxamín).

En Tánxer, os 'verdes' arrancaron a IBN Battuta Cup 2023 cun contundente triunfo (5-0) ante o Roubaix francés.

Mañá venres, ademais do último partido de liga do San Tirso SD Cadete na División de Honra (ás 17:00 no Monte ante o Bergantiños CF), tamén arrancan os torneos para o Cadete e Infantil en Torrelavega; para o Alevín A en Ponte de Lima (Portugal); e para o Fabril FC Benxamín na International Steel Cup, en Zakopane (Polonia).

Dous equipos tiveron partido oficial onte mércores 31 de maio.

O Cadete, campión da División de Honra fai xa varias xornadas, xogou como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, o último partido de liga adiantado ao fin de semana porque os branquiazuis participarán eses días no Torneo San Bernabé, en Cantabria.

O triunfo, intranscendente, foi branquiazul (2-1) con tantos de Xián e Nico Ruiz, co que o equipo deportivista conclúe a liga con 107 puntos no máis alto.

E o Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (1-4) ao SE Abellá SDEC na segunda semifinal da I edición da Copa da Coruña, a partido único e medirase na gran final ao Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre.

O martes, ademais do partido do Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo correspondente ás semifinais do Torneo Delegación, o Infantil, que o pasado domingo se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, enfrontouse nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas).

O resultado, que é o de menos, favoreceu á selección (5-6) após un bonito toma e daca.

A semana arrancou tamén o martes en Abegondo cun momento sinxelo pero especial nas carreiras branquiazuis de #ANOSACANTEIRA.

A parede que precede á porta de saída do vestiario do futbol formativo aos campos de Abegondo loce un mural no que figuran todos os canteiráns que, desde a posta en marcha da Cidade Deportiva en 2003, defenderon as nosas cores en categorías inferiores, do xuvenil para abaixo e chegaron a debutar en partido oficial co primeiro equipo branquiazul.

Desde que o fixesen Ian Mackay, Trilli e Noel a principio da temporada 21-22, hoxe tocoulle a quenda a todos os Deportivistas que debutaron co primeiro equipo desde entón: Pablo Brea, Yeremay Hernández, Brais Val, Edu Sousa, Dani Barcia e fai quince días, David Mella.

Precisamente Ian Mackay manifestou que "cando me tocou a min foi algo importante porque é algo que queres desde pequeno: poder debutar co Dépor en partido oficial. Tardei bastante en poñela. Creo que son o máis veterano. Agora non lle dás importancia pero cando non esteas aquí ou cando te retires, vexas esa foto e vexas que cumpriches un soño que é defender este escudo para min é algo moi importante".

Indicou que "os rapaces estaban moi emocionados. Déronse conta cando nos fixeron o corredor que hai moitos nenos que queren cumprir ese soño".

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais: SE ABELLÁ SDEC 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)

Categoría xuvenil
Clasificación final da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 78 puntos; 2. RC Celta, 76 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 70 puntos...

Categoría cadete
38ª xornada (última): CADETE 2 (Xián e Nico Ruiz) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

38ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE - BERGANTIÑOS CF, o venres 2 de xuño ás 17:00 no Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión, un partido máis), 107 puntos; 2. RC Celta, 94 puntos... 8. San Tirso SD, 55 puntos... 18. Bergantiños CF, 29 puntos...

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase, no campo de Vargas (Ponte Viesgo)
Venres 2 de xuño
16:30: AYRON CF - CADETE
Sábado 3 de xuño
9:30: SPORTING DE GIJÓN - CADETE
15:20: CD PADURA - CADETE
19:30: CD GRUPO ANTOLÍN - CADETE
Segundo clasificación, o Cadete pasará a unha Fase Ouro, Prata ou Bronce xa o domingo a partir das 9:00 horas

Categoría infantil
Amigable (martes 30): INFANTIL 5 (Gael -2-, Iker Casuso, Borja e Roi) - SELECCIÓN DO CAMIÑO 6

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
20:40: INFANTIL - SD SOLARES, no campo de Tanos (Torrelavega)
Sábado 3 de xuño
11:10: INFANTIL - OVIEDO VETUSTA, no campo de Suances
16:10: ALAVÉS - INFANTIL, no campo de Suances
18:40: INFANTIL - BASKAURI FE, no campo de Suances
Segundo clasificación, o Infantil pasará a unha Fase Ouro, Prata ou Bronce xa o domingo a partir das 9:00 horas

IBN Battuta Cup 2023, en Tánxer (Marrocos)
Primeira Fase
Xoves 1 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo, Daniel, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - ROUBAIX 0
Venres 2 de xuño
11:20 (hora local, 12:20 na Península): SAN TIRSO SD INFANTIL - WYDAD JUVENTUD TÁNGER
18:40 (hora local, 19:40 na Peninsula): SAN TIRSO SD INFANTIL - DREAM ACADEMY FOOTBALL

Categoría alevín
Torneo Internacional Vila de Ponte de Lima, no Estadio Municipal do Cruzeiro
Primeira Fase (en horario local, unha hora máis en Galicia)
Venres 2 de xuño
18:40: VALENCIA CF - ALEVÍN A
Sábado 3 de xuño
10:10: ALEVÍN A - FC VIZELA
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha fase de consolación a partir das 15:10

7ª edición da Jamón Cup, en Calamocha (Teruel)
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
9:30: LEVANTE UD - FABRIL FC ALEVÍN en Jumaya (campo 1)
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - SD HUESCA en Jumaya (campo 1)
16:00: CF SAN JOSÉ - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 2)
17:00: FABRIL FC ALEVÍN - CF CALAMOCHA, en Jumaya (campo 2)
Domingo 4 de xuño
11:00: WAKATAKE - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 1)
Os dous primeiros pasan a cuartos de final e os restantes xogan, segundo clasificación, unha fase de consolación; todo iso a partir das 11:30 horas

Categoría benxamín
IX Torneo Cidade de Vilagarcía, no campo Manuel Jiménez e Estadio de Fontecarmoa
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
9:30: FC PORTO - BENXAMÍN A
11:30: ATHLETIC CLUB - BENXAMÍN A
16:00: BANSANDER - BENXAMÍN A
18:00: RC CELTA - BENXAMÍN A
20:30: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos tres grupos pasan a cuartos de final; e os restantes xogan unha fase de consolación, todo iso a partir do domingo 4 de xuño ás 9:00 horas

Torneo Delegación, semifinal (martes 30): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED LUIS CALVO 2. A penaltis: 8-7

VII International Steel Cup, en Zakopane (Polonia)
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
16:30: FABRIL FC BENXAMÍN - MFK KARVINA
17:21: FABRIL FC BENXAMÍN - ZALGIRIETIS WILNO
18:12: FABRIL FC BENXAMÍN - ZNICZ PRUSZKOW
19:03: FABRIL FC BENXAMÍN - RAKOW CZESTOCHOWA
19:54: FABRIL FC BENXAMÍN - UKS SOKOLIKI STARY SACZ
Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha Segunda Fase o sábado 3 de xuño