Antía Veiga conclúe mañá mércores unha concentración coa selección española sub-16 en Los Ángeles de San Rafael
Antía Veiga (Ames, 9 de maio de 2009) conclúe mañá mércores 14 de febreiro unha concentración coa selección española sub-16 con motivo duns adestramentos en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) que arrincaron onte luns.
A gardameta orzanista estivo xa a pasada semana noutra serie de sesións con este combinado nacional esta vez na Ciudad del Fútbol de Las Rozas, na que mesmo disputou 30 minutos nun amigable ante o Madrid CFF B de Primera Federación Iberdrola.
Antía Veiga colle así a substitución doutros canteiráns que se atopan no radar das categorías inferiores da selección española como David Mella, Kevin Sánchez, Pablo García, José Rey, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.