RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Ao Fabril escapóuselle a vitoria en Aranda de Duero no minuto 95

Ao Fabril escapóuselle a vitoria na súa visita á Arandina CF no minuto 95, cando os locais lograron empatar (2-2) un partido que Kevin e Vilán puxeron en vantaxe para os fabrilistas cos seus goles nos primeiros 7 minutos.

Con este resultado, o filial deportivista suma 24 puntos, situado na zona media da clasificación en Segunda Federación.

O Fabril chegaba ao choque após a sensación agridoce do empate tamén por 2-2 do pasado domingo en Abegondo ante o Marino de Luanco. Despues de remontar un 0-1, os asturianos lograron igualar a balón parado na recta final.

Os últimos días de mercado deixaron a subida definitiva de Iano Simão e Mella ao primeiro equipo; e a chegada de Álvaro Baladía 'Bala' ao carril zurdo do filial. Hoxe no Montecillo foi titular.

Hai unhas semanas reforzaron ao equipo de Óscar Gilsanz Álex Alfaro e o dianteiro Jorge. A maiores, Quique Teijo e Álvaro Santamaría fóronse cedidos; e Iñaki saíu do Club.

Había avisado Óscar Gilsanz de que en Aranda de Duero había que entrar ben ao partido ante o pechacancelas da categoría, un equipo que o técnico fabrilista subliña que "xera moito fútbol".

E o vestiario así o entendeu. Arranque frenético do Fabril. Kevin, que recolleu un balón sen dono na área burgalesa; e Vilán, após asistencia de Baladía, adiantaron aos fabrilistas. Todo nos primeiros 7 minutos.

Aos poucos a Arandina CF foise repondo do golpe e comezou a crear perigo á meta de Brais Suárez. Recurriu para iso ao xogo directo.

Raly, no minuto 40, estivo a piques de marcar. Foi o preámbulo do gol de Frodo no minuto 41. Os locais víronse máis preto do marcador e comezaron a crelo.

Após o paso polos vestiarios, a Arandina CF, á que se lle acaba o tempo para escapar do descenso, saíu decidido a polo empate.

Adri Pérez puxo a proba a Brais Suárez, que logra desviar a córner o seu bo disparo.

O Fabril optou polo contragolpe, por exemplo un par de boas accións de Kevin, unha delas de chilena.

Os de Óscar Gilsanz tiveron opcións para matar o partido á contra ante o empuxe burgalés.

Na recta final, a Arandina CF opta por meter a toda a súa artillaría no campo, o que desembocou nuns últimos minutos de abafo para os fabrilistas pola acumulación de xogadores na área deportivista.

Mati Castillo, no 81, tivo nas súas botas o 1-3 pero ao seu centro moi perigoso non chega ningún compañeiro para empuxar á rede.

Ese empuxe local deu o seu froito no 95 co gol do empate de Santa, que saltara ao céspede no minuto 83, após rematar un balón na área deportivista.

Con este doloroso final para o cadro de Óscar Gilsanz acaba o encontro no Montecillo.

O vindeiro domingo ás 17:00, o Fabril recibe en Abegondo ao CD Covadonga.

Arandina CF: Jara, Varona (Otu, min. 64), Pesca (Gonzalo, min. 75), Fer (Ayoub, min. 64), Vitolo (Zazu, min. 83), Frodo, Adri P., J. Bo (Santa, min. 83), Raly, Deiby e Haji

Fabril: Brais Suárez, Lache, Puerto, Marotías, Baladía (Mardones, min. 74), Brais Val, Alfaro, Nájera (Álex Pereira, min. 90), Jairo (Barba, min. 63), Vilán (Thymos, min. 63) e Kevin (Mati Castillo, min. 74)

Goles: 0-1, Kevin (min. 5); 0-2 Vilán (min. 7); 1-2 Frodo (min. 41); 2-2 Santa (min. 90+5)

Árbitro: Álvaro Sahelices Puga, do comité asturiano. Amoestou a Brais Val (min. 20), Frodo (min. 38), Jara (min. 52), Ayoub (min. 90), Haji (min. 90) e Mati Castillo (90+2)

Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Montecillo