RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Arrinca a semana de traballo dun Dépor que ten claro o que temos que facer para seguir estando aí, que é gañar

Despois de dous días de descanso, o cadro do Dépor arrincou esta mañá a semana de traballo previa á visita do Unionistas de Salamanca CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 7 de abril ás 17:00 (TVG-2 e FEF TV), correspondente á 31ª xornada en Primera Federación.

Mikel Balenziaga manifestou na sala de prensa esta mesma mañá que "temos claro o que temos que facer para seguir estando aí, que é gañar, sumar de 3 en 3. Con iso estaremos preto do obxectivo".

Só Lucas está con adestramento personalizado. O lateral vasco dixo descoñecer se o dianteiro coruñés poderá xogar aínda que "oxalá estea recuperado o domingo", apuntou.

Rubén López e Martín Ochoa foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

O corpo técnico branquiazul dispuxo após unha activación con rondos, dun exercicio de posición no campo 2.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse a partir das 11:00 en Abegondo, con almorzo previo xa na instalación a partir das 8:30.