As Nosas, desde mañá mércores a "seguir adiante. Isto acaba de empezar"
O Dépor ABANCA, hoxe martes con xornada de descanso, inicia mañá mércores 9 de outubro a preparación do próximo partido de liga, a visita do Madrid CFF a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 12 de outubro ás 16:00 (Dazn).
Na zona mixta do Municipal de Badalona o pasado domingo, Irene Ferreras lembraba após a derrota por 1-0 ante o FC Levante Badalona que "imos ter que seguir adiante. Isto acaba de empezar. O traballo e a actitude do equipo é moi positiva. E iso son os cimentos para seguir adiante".
Os resultados da última xornada deixaron ás Nosas na 14ª posición da Liga F con 2 puntos.
O equipo realizará 3 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva previas ao partido ante as madrileñas, con almorzo previo e comida tamén na instalación.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 9 de outubro 11:00 h.
Xoves 10 de outubro 11:00 h.
Venres 11 de outubro 11:00 h.
Sábado 12 de outubro 16:00: Deportivo ABANCA - Madrid CFF, en ABANCA-RIAZOR