RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas regresan á liga o domingo en Cáceres

Despois dunha fin de semana de descanso debido aos compromisos da selección española, o Dépor ABANCA regresa á liga o domingo 5 de novembro ás 12:00 nos campos federativos Manuel Sánchez Delgado ante o Cacereño Femenino, en partido correspondente á 7ª xornada en Primera Federación Iberdrola.

As Nosas encaran o partido empolicadas no liderado en solitario con 15 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o RCD Espanyol, 2º con 13 puntos.

Irene Ferreras disporá desde hoxe de 5 sesións de traballo matinais entre Abegondo e O Monte (San Tirso) de herba sintética, idéntica superficie na que se xogará o partido.

Ademais, o adestramento do sábado 4 de novembro adiántase media hora, ás 9:30 en lugar das 10:00, para partir de viaxe por estrada nada máis concluír o traballo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 30 de outubro
10:00 h., Abegondo

Martes 31 de outubro
10:00 h., O Monte

Mércores 1 de novembro
10:30 h., Abegondo

Xoves 2 de novembro
Descanso

Venres 3 de novembro
10:00 h., O Monte

Sábado 4 de novembro
9:30 h., Abegondo

Domingo 5 de novembro
12:00: Cacereño Feminino - Deportivo ABANCA, nos campos federativos Manuel Sánchez Delgado